Pavese, Cesare
Escritor italiano. Cofundou a editorial Einaudi e coas súas traducións introduciu a obra de moitos novelistas estadounidenses en Italia, malia o control literario do fascismo, tal e como se reflicte no seu ensaio La letteratura americana e altri saggi (1951). Neorrealista, escribiu en todos os xéneros e a súa obra caracterizouse pola nostalxia da súa infancia e a tristeza, mesturadas con elementos clásicos e símbolos de complicada localización. Da súa produción destacan o libro de poemas Lavorara stanca (1936), en que realizou unha reflexión estética e persoal; a novela Paesi tuoi (1941), coa que foi coñecido inicialmente; o diario Il mestiere de vivere (1935), publicado postumamente en 1952 e onde expresa a súa introversión e a melancolía que o dirixiron cara ao suicidio; os contos de Feria d’agosto (1946) e as novelas La spiaggia (1942), La bela estate (1949) e La luna e i falò (1950), esta última considerada como unha das súas obras máis importantes.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santo Stefano Belbo, Piemonte -
Deceso
Lugar : Turín