"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • Ken da illa de Honshū, Xapón (4.252 km2; 1.120.851 [2000]). A súa capital é Toyama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor indio. Coñecido como Nirala, presentou trazos neorrománticos nas primeiras obras, para decantarse posteriormente por temas políticos e sociais. Da súa produción destacan Kulli Bhat (1939), Kukurmutta (1942) e Naye patte (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De nome Lev Tarasov, cultivou a biografía de escritores rusos, o teatro e, sobre todo, a novela. Escribiu L’araigne (1938, Prix Goncourt), os ciclos La lumière des justes (1959-1963) e Les Eygletière (1965-1967), Le brut solitaire du coeur (1985) e Toute ma vie sera mensonge (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Foi un dos introdutores do Renacemento e pertenceu ao movemento de La Pléiade. É autor de Erreurs amourreuses (1549-1555) e Le Livre des vers lyriques (1555).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Perú (2.200 km) que nace preto de Raymondi da unión dos ríos Apurímac e Urubamba. Conflúe co Marañón e forma o Amazonas preto de Yurucuche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Perú (102.411 km2; 394.889 h [estim 1998]). A súa capital é Pucallpa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de maio de 1919. Cesou en xullo de 1920 (nº24). Subtitulada “Revista quincenal de cultura galaica. Arte-Literatura-Historia-Sociología”, e dirixida por Armando Cotarelo Valledor, contou con destacadas colaboracións literarias. Promoveu distintos aspectos da cultura galega, fuxindo de cuestións políticas, e manifestou proximidade coas ideas rexionalistas, partidarias dun uso folclórico do galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural e galeguista fundada por Álvaro de Las Casas Blanco en febreiro de 1932 xunto con outros galeguistas, como Fermín Bouza-Brey. A través de viaxes culturais, promovía o estudo e coñecemento dos costumes e do folclore galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Marrocos que nace no Atlas Medio e desemboca preto de Al- Ǧ adīdah, no Océano Atlántico, tras 500 km de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político catalán, fundado en 1931 como partido catalanista e democrático de inspiración cristiá, pero non confesional. Durante a Guerra Civil mantívose fiel ás institucións catalás e democráticas pero manifestou a súa oposición aos gobernos que as rexían. Ao termo da guerra moitos dos seus membros exiliáronse e outros reorganizárona clandestinamente en 1941. En 1965 formou parte do Equipo Democratacristiano de España, co que se integrou na Unión Europea e na Unión Internacional Democratacristiá. En 1979 formou con Convergència Democràtica de Catalunya (CDU) a coalición Convergència i Unió (CiU) coa que conseguiu representación nas institucións catalás, españolas e europeas e formou parte dos gobernos da Generalitat (1980-2003). Foi presidida por Miquel Coll i Alentorn ata 1988, Joan Rigol i Roig (1988-1990) e Josep Antoni Duran i Lleida, desde 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Toquio, na illa de Honshū, Xapón, situada ao lado da baía de Toquio, ao L da conurbación (123.376 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Utunomiya Capital do ken de Tochigi, situada na illa de Honshū, Xapón (440.353 h [1997]). É centro industrial e agrícola, con industrias téxtiles e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da terceira casta tradicional de India, constituída en época védica por agricultores arios, e posteriormente por comerciantes, funcionarios subalternos, burgueses acomodados e outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa o budismo de tendencia tántrica en tanto que reelabora o yogāchāra de Asanga interpretando sexualmente os preceptos e as lendas do budismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e fundador dunha seita vixnuíta. Autor de numerosos tratados filosóficos, fundamentados no Vedanta, sostivo un monismo puro (śuddhadvaita). Oposto á vida ascética, predicou unha devoción amorosa e xubilosa cara a Krixna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta indio en lingua malaialam. A súa obra reflicte a influencia dos clásicos da literatura sánscrita, especialmente o poema épico Chitragoiam (1907). Outras compilacións son Badhiravilapam (O pranto do xordo, 1914), Sahityamanjari (1917-50), Bandhanasthanaya Anituddhan (Aniruddhan no calabozo, 1914) e Sishnayum makanum (Aprendiz e fillo, 1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Filipinas, formada polas provincias de Batanes, Cagayan, Ifugao, Isabela, Kalinga-Apayao, Nueva Vizcaya e Quirino (26.838 km2; 2.813.159 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Máxima autoridade india en materia de erotismo. A súa obra máis importante foi o Kama-Sutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Sri Lanka (1.967 km2). A súa capital é Vavuniya (18.512 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade do S da India, no estado de Mysore, na ribeira dereita do Tungabhadra. Na actualidade Hampi ocupa unha parte das ruínas. Foi fundada en 1336 polos cinco fillos de Sa ṅ gama. Foi a capital do Reino de Vijayanagara, que se estendía polos estados de Mysore, Andhra Pradesh e Tamil Nadu. En 1485 rematou a dinastía Sa ṅ gama e a dinastía Saluva usurpou o poder ata que foi substituída pola Tuluva (1505?). No reinado de K ṛ i ṣ n.ā Deva Rāya (1509-1529) as fronteiras estendéronse cara ao N, ata o río Krishna. Os seus sucesores sucumbiron ante a fronte común islámica e en 1565 a cidade de Vijayanagara foi destruída. O imperio continuo na nova capital, Penukonda (Andhra Pradesh), ata 1614.

    VER O DETALLE DO TERMO