Vijayanagara ou Vijayanagar
Vijayanagara ou Vijayanagar
Antiga cidade do S da India, no estado de Mysore, na ribeira dereita do Tungabhadra. Na actualidade Hampi ocupa unha parte das ruínas. Foi fundada en 1336 polos cinco fillos de Sa ṅ gama. Foi a capital do Reino de Vijayanagara, que se estendía polos estados de Mysore, Andhra Pradesh e Tamil Nadu. En 1485 rematou a dinastía Sa ṅ gama e a dinastía Saluva usurpou o poder ata que foi substituída pola Tuluva (1505?). No reinado de K ṛ i ṣ n.ā Deva Rāya (1509-1529) as fronteiras estendéronse cara ao N, ata o río Krishna. Os seus sucesores sucumbiron ante a fronte común islámica e en 1565 a cidade de Vijayanagara foi destruída. O imperio continuo na nova capital, Penukonda (Andhra Pradesh), ata 1614.