"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro caracterizado por obesidade, talle baixo, criptorquidia, diabete e unha forte diminución das capacidades intelectuais, propio dun individuo que ao nacer presentou unha atonía muscular grave.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Santa Mariña da Ponte (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 899 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás prasinofíceas.
-
Alga da clase das prasinofíceas.
-
Clase de algas unicelulares que carecen de cuberta protectora ou presentan unhas pequenas escamas romboidais e viven en augas mariñas e doces. Algúns autores consideran que é un grupo ancestral das clorófitas.
-
-
PERSOEIRO
Pintor grego. Naturalizado francés, era de tendencia non figurativa e representou signos en movemento. Tamén fixo decorados de ballets (Erik XIV, de Strindberg) e ilustracións para libros, como Le Mur, de Sartre, e Le bestiaire, de Guillaume Apollinaire.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado de quinazolina que se presenta en forma de pos de cor branca, moi pouco solubles en auga e alcol. Actúa bloqueando selectivamente os receptores adrenérxicos. Emprégase como antihipertensivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á zona próxima á sinapse.
-
-
Aplícase aos cargos que son provistos antes ou despois dun sínodo por facultade especial.
-
Teólogo e canonista, denominado tamén examinador sinodal, que examina os clérigos que han de ser admitidos nas ordenacións e que han de exercer ministerios de confesor, reitor ou outro cargo.
-
-
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Entre os seus primeiros traballos destacaron as investigacións sobre hipotermia e sobre o tecido adiposo marrón dunha especie de roedores mediante flourescencia. Pero as investigación máis importantes foron as referidas a enfermidades dexenerativas, tras a morte dunha paciente súa debido a enfermidade dexenerativa de Creutzfeltd-Jakob. Descubriu que esta e outras enfermidades, como a encefalopatía esponxiforme bovina, eran causadas por un axente infeccioso, de caracter proteico, ao que denominou prión (1982). Posterioremente en 1984 deu a coñecer o xene que codificaba esa proteína. En 1997 recibiu o premio Nobel de Medicina polo descubrimento dos prións.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Xesta (A Lama). O seu cumio acada os 921 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síntese de substancias orgánicas a partir dunha fonte de enerxía de tipo químico. Aplícase principalmente á síntese dos organismos autotróficos non dotados de clorofila (denominados quimiótrofos), que sintetizan as substancias orgánicas que incorporan ao seu protoplasma, partindo de compostos minerais reducibles como auga, dióxido de carbono ou sales amoniacais, e aproveitando a enerxía desprendida en procesos de oxidación de compostos inorgánicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen realiza a quimiosíntese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
labfermento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cimóxeno que, por catálise da tripsina, se hidroliza parcialmente e dá α-quimotripsina e dous dipéptidos.
-
PERSOEIRO
Político, irmán de Narciso Quintillán Cardesín. De ideoloxía republicano-socialista e defensor do redencionismo, percorreu Galicia para concenciar o pobo contra os foros. Presidiu diversas sociedades agrarias e colaborou coa prensa galega e española con artigos sobre temática agraria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Agrarista, irmán de Dionisio Quintillán Cardesín. Desenvolveu unha grande actividade societaria, fundou diversas sociedades agrarias, presidiu a Federación Agrícola de Forcarei (1924) e colaborou nos xornais Umia y Lérez, Acción Social e La Libertad.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Herpes zóster localizado na orella que pode ir acompañado dunha parálise no rostro.
-
PERSOEIRO
Maharajah e fundador do imperio dos sikhs. Ao morrer o seu pai, Mahan Singh (1792), formou un exército moderno co que chegou a dominar Kashmir (1823).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome caracterizado por artrite, acompañada de uretrite e conxuntivite ou de lesións mucocutáneas.
-
-
Conxunto de diversas substancias orgánicas de orixe vexetal, de consistencia sólida ou semisólida moi viscosa, amarelas ou pardas, transparentes ou translúcidas, solubles en éter, en alcohol, en benceno e en disulfuro de carbono, e insolubles en auga que se emprega principalmente na preparación de lacas e vernices. Orixinariamente o termo aplicouse a calquera das substancias terpénicas segregadas polas plantas como un produto do metabolismo normal (resinas fisiolóxicas) ou anormal (resinas patolóxicas). Son exemplos característicos o ámbar (resina fósil), o copal, a resina do piñeiro e tamén diversos bálsamos, que se coñecen como resinas naturais. Posteriormente aplicouse a diversos materiais orgánicos amorfos, semisólidos ou sólidos, producidos por polimerización. Xenericamente, estes materiais son coñecidos como resinas sintéticas.
-
Substancia fotosensible que, na fabricación de circuítos integrados, é depositada sobre o semicondutor para que a luz ultravioleta que atravesa a máscara impresione selectivamente aquelas rexións do semicondutor onde se queren realizar os diferentes procesos.
-
Resina formada por moléculas que conteñen o grupo epóxido que se emprega como composto de recubrimento, na industria de adhesivos e na electrónica e electrotecnia.
-
Resina plástica que, por efecto dun endurecedor, se transforma nunha substancia sólida. Emprégase como soporte de condutores descubertos e para altas tensións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de resinar.