resina
(
-
s
f
[QUÍM]
Conxunto de diversas substancias orgánicas de orixe vexetal, de consistencia sólida ou semisólida moi viscosa, amarelas ou pardas, transparentes ou translúcidas, solubles en éter, en alcohol, en benceno e en disulfuro de carbono, e insolubles en auga que se emprega principalmente na preparación de lacas e vernices. Orixinariamente o termo aplicouse a calquera das substancias terpénicas segregadas polas plantas como un produto do metabolismo normal (resinas fisiolóxicas) ou anormal (resinas patolóxicas). Son exemplos característicos o ámbar (resina fósil), o copal, a resina do piñeiro e tamén diversos bálsamos, que se coñecen como resinas naturais. Posteriormente aplicouse a diversos materiais orgánicos amorfos, semisólidos ou sólidos, producidos por polimerización. Xenericamente, estes materiais son coñecidos como resinas sintéticas.
Sinónimos: recina. -
s
f
[FÍS]
Substancia fotosensible que, na fabricación de circuítos integrados, é depositada sobre o semicondutor para que a luz ultravioleta que atravesa a máscara impresione selectivamente aquelas rexións do semicondutor onde se queren realizar os diferentes procesos.
Sinónimos: recina. -
resina epoxi/epoxídica
[QUÍM]
Resina formada por moléculas que conteñen o grupo epóxido que se emprega como composto de recubrimento, na industria de adhesivos e na electrónica e electrotecnia.
-
resina etoxílica
[FÍS]
Resina plástica que, por efecto dun endurecedor, se transforma nunha substancia sólida. Emprégase como soporte de condutores descubertos e para altas tensións.