"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Utensilio metálico, delgado e afiado, cunha lonxitude duns 30 cm que se emprega para ensartar alimentos de diferente natureza que se cociñan preferentemente na grella.
-
-
Pao ou barra de ferro ou doutro material acabado en punta.
-
Pao empregado para remexer as brasas da lareira.
-
Ferro que serve para remexer o formigón para que acade un mellor asentamento.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
bicudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
espigallo.
-
PERSOEIRO
Escritor. Adscrito ás tendencias vangardistas, publicou ensaios e críticas literarias en diversos xornais e dirixiu Nueva España. Da súa produción destacan os ensaios Lo cómico contemporáneo (1928), El nuevo diantre (1930); as poesías Umbrales (1918) e Signario (1923); as narracións Pájaro pinto (1927) e Luna de copas (1929); e a biografía Luis Candelas (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
espiñoso.
-
-
Peixe da familia dos gasterosteidos.
-
espiñento agulla [Spinachia spinachia, Fam dos gasterosteidos]
Peixe de ata 20 cm de lonxitude, de corpo alongado, co fociño e o pedúnculo caudal moi afiados; propio de augas salgadas ou salobres, dende o golfo de Bizkaia ata o Cabo Norte, en Noruega.
-
espiñento común [Gasterosteus aculeatus, Fam dos gasterosteidos]
Peixe da familia dos gasterosteidos de ata 11 cm de lonxitude. Presenta un corpo comprimido e fusiforme, cun pedúnculo caudal afiado; cabeza aguda e boca pequena, no extremo dun fociño algo tubular e alongado, con dentes moi pequenos en varias fileiras; tres espiñas illadas diante da aleta dorsal que poden erguer; aletas pélvicas transformadas noutra espiña e aleta caudal reducida. A pel está desprovista de escamas ou parcialmente cuberta de placas óseas. No período reprodutor, entre marzo e abril, os machos teñen unha coloración moi viva co dorso verde ou azul, o ventre de cor escarlata e os ollos de cor esmeralda. O resto do ano a coloración, ao igual ca a das femias, é de cor verde olivácea ou agrisada, con franxas máis escuras e o ventre arxénteo. Coñécense tamén formas melánicas. Os machos son animais territoriais que fabrican un niño entre herbais de augas tranquilas con restos vexetais pegados cunha secreción renal. No niño pode depositar os ovos máis dunha femia, que son fecundados...
-
espiñento mariño [Gasterosteus wheatlandi, Fam dos gasterosteidos]
Peixe de ata 75 mm de lonxitude. Está limitado á costa atlántica occidental americana, dende Terranova ata Massachusetts, as máis das veces ao redor da vexetación flotante, a escasa distancia da liña de costa, e rara vez nos ríos.
-
espiñento pequeno [Pungitius pungitius, Fam dos gasterosteidos]
Peixe de ata 7 cm, de cor castaña cinsenta e ventre prateado, propio das augas doces, das augas salobres e, rara vez, do mar. Ten unha distribución nas augas próximas ao Ártico, nas concas atlánticas, dende Canadá ata New Jersey, na Columbia Británica; na costa pacífica de Alasca e Grandes Lagos; e nas concas do N de Europa e Asia, dende as Illas Británicas e Francia ata Rusia, Siberia, Corea, Xapón e China.
-
espiñento romanés [Gasterosteus crenobiontus, Fam dos gasterosteidos]
Especie endémica de Romanía que se extinguiu.
-
-
-
GALICIA
Sacerdote e escritor. Doutor en Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca, foi profesor de humanidades no Seminario e profesor de dereito canónigo na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como cóengo, chanceler e vicario do arcebispado de Santiago. Colaborou en revistas e xornais e recolleu os seus traballos en Cronistas Oficiales de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Escuadro (Silleda) e Olives (A Estrada). O seu cumio acada os 678 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Partido Moderado, exerceu o control político sobre o distrito de Prado (Lalín). Elixido en 1837 senador e deputado por Pontevedra, escolleu este último cargo. Foi novamente deputado na lexislatura 1846-1850.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Ser inmaterial, simple e substancial, que ten a capacidade de posuírse a si mesmo por medio da autoconsciencia e da libre autodeterminación, e de realizar e comprender valores suprasensibles. Nas distintas concepcións relixiosas, o concepto de espírito ligouse co de alma, xa que os dous son principios vivificadores. Afirmouse a existencia de espíritos na natureza, reflexo da actividade física e psíquica da persoa. Para algúns, este animismo sería o primeiro estadio histórico na formación dos sistemas relixiosos. As súas características serían a natureza incorpórea ou sutil, o carácter de transcendencia sobre a morte, e a facultade de dotar de vida a un ser e facelo un individuo. Na tradición filosófica occidental contrapúxose a idea de espírito á de natureza, no senso de que este é o principio ordenador e comprensible daquela. O espírito interpretouse como πεῦμα ou principio animador ou como νοῦζ, pensamento, razón e explicación. Na filosofía...
-
Espírito Santo
Unha das tres persoas do Deus cristián ( Trindade).
-
-
-
Ser inmaterial co que se poñen en contacto certas persoas mediante a práctica do espiritismo. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
espírito infernal/maligno/das tebras
demo.
-
espíritos vitais/animais
Na filosofía antiga, espíritos que levaban a vida do corazón e do cerebro ao resto do corpo. Na tradición galega podían actuar como medio para transmitir o mal de ollo.
-
-
Persoa, considerada en canto á súa cálidade intelectual e humana.
-
Ánimo ou valor para actuar.
-
Inclinación ou disposición cara a algo, como un comportamento ou unha actitude.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do SL do Brasil, situado nos contrafortes orientais da Serra dos Aimorés (46.184 km2; 2.802.707 h [estim 1996]). A capital é Vitória. Está drenado por numerosos ríos, entre os que destacan o São Mateus e o Doce. O clima, cálido e húmido, favorece a existencia dun denso bosque tropical con madeiras preciosas, como a do loureiro negro, da que é o primeiro exportador nacional. A poboación é máis densa cara ao S, con terras máis fértiles. A principal actividade económica é a agricultura, onde destacan os cultivos de café, no val do río Doce, o cacao, a cana de azucre, o arroz e o millo. A aplicación de novas técnicas de cultivo situaron este estado entre os primeiros produtores de café do país. En canto ás industrias, existen pequenas fábricas do sector téxtil e alimentario, principalmente na capital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde suprema de cabalería do Reino de Francia, fundada por Enrique III en 1578 coa divisa Duce et aspide. Composta orixinalmente por cen cabaleiros escollidos polo monarca, que tiña o rango de gran mestre, dividíase en tres clases de individuos: grandes oficiais comendadores, oficiais e cabaleiros. Para formar parte dela esixíanse probas de nobreza. Suprimiuse en 1789 pero, trala Revolución Francesa, Luís XVIII confirmouna. Desapareceu despois da Revolución de 1830.
-
ILLAS
Illa da República de Vanuato, no Océano Pacífico, a máis grande do arquipélago, cunha superficie de 5.000 km2. De orixe volcánica, a maior parte da illa está cuberta por bosques e só o 9% da súa superficie está cultivada. A principal actividade económica é a agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diurético con estrutura de esteroide relacionada coa da aldosterona. Presenta un anel lactónico de cinco membros na posición C17 do núcleo. Actúa como antagonista competitivo da aldosterona. É un diurético aforrador de potasio, produce un aumento da eliminación de sodio e de auga, e diminúe a eliminación de potasio. Emprégase na insuficiencia cardíaca, na ascite e na hipertensión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade producida por unha espiroqueta, como a febre recorrente, a sífilis ou a espiroquetose iterohemorráxica ou enfermidade de Weil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación cirúrxica, total ou parcial, do bazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exploración radiográfica, en desuso, do sistema esplenoportal mediante unha inxección dunha substancia de contraste que se introduce no bazo, coas conseguintes radiografías seriadas, que permiten visualizar a dinámica e a morfoloxía deste sistema.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Fillo dun pintor retratista, iniciouse na pintura e no debuxo. En 1876 abriu o seu primeiro estudo de retratos en Barcelona, co que conseguiu certa popularidade, sobre todo entre a burguesía catalá e os profesionais liberais. As súas fotografías apareceron en numerosos periódicos e revistas de España e de todo o mundo. Ademais dos retratos, dedicouse a fotografar paisaxes, monumentos, arquitecturas, esculturas, pinturas e debuxos que apareceron, os máis deles, en tarxetas postais. Censuraron algunhas das súas fotografías artísticas, marcadas polo erotismo. Recibiu diversos premios nas exposicións universais de Barcelona (1888), París (1889), Londres e Atenas. En 1881 obtivo a Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estadio do desenvolvemento embrionario dos trematodos no que o embrión se enquista despois de entrar dentro do hospedeiro intermediario.
-
Estadio da formación das esporas que precede á súa liberación.
-
-
-
Individuo pertencente á xeración que fai esporas asexuais e que é diploide, nas plantas con alternancia de xeracións.
-
Planta que se reproduce por medio de esporas, por contraposición á que o fai por medio de sementes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia expelida coa tos, ou ás veces deglutida, procedente do aparato respiratorio.