"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello da Póboa de Trives e pertencente a diocese de Astorga. No seu interior salienta o retablo principal, característico desta diocese, que consta de dous corpos divididos en tres rúas. No corpo inferior sitúase a imaxe da Virxe e no superior Cristo crucificado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado, político e escritor. En 1895, sendo estudante en Zaragoza, fundou a Juventud Republicana Federal, e en 1900 marchou a Madrid, onde colaborou no Heraldo de Madrid e fundou o diario ácrata El Germinal. Avogado da CNT (Confederación Nacional del Trabajo) desde 1911, foi defensor en numerosas causas de carácter político-social e estivo moi vencellado á cidade de Ourense polo seu trato con Basilio Álvarez. O abade de Beiro reclamouno en 1917, cando era deputado en Madrid pola conxunción republicano-socialista, como avogado no xuízo ao secretario do concello de Riós e ao seu fillo, acusados de asasinar a dous agrarios. Barriobero conseguiu que os caciques fosen declarados culpables. Un ano despois interveu a carón do socialista Manuel Suárez no mitin pro-amnistía a prol dos condenados pola fracasada folga insurreccional de agosto. En 1922, cando exercía como avogado do Comité Pro-Presos da CNT en Barcelona, foi o encargado de defender con éxito os agrarios xulgados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista e compositor. Foi director do Conservatorio de Granada e fundador do Trío Iberia, formado por laúde, guitarra e bandurra. Autor da ópera Lavapiés e de poemas sinfónicos como Zambra en el Albaicín ou Copla en la fuente del avellano, destacan na súa produción as zarzuelas: La Lola se va a los puertos, La vendimia e Granada mía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrés Lapique do Barro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ao estilo barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse no estudo das mentalidades e das identidades colectivas no mundo medieval, tema sobre o que realizou a súa tese de doutoramento Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña, favorables y contrarios (1989) e, posteriormente, elaborou numerosos traballos, entre os que cómpre salientar: A mentalidade xusticieira dos Irmandiños (1988), traducida ao español en 1990, ou Viva El-Rei!: ensaios medievais (1996). Tamén se preocupou polo Ascenso e caída do Mariscal de Pardo de Cela, traballo que foi galardoado co Premio de Investigación Antón Losada Diéguez en 1988. Así mesmo, traballou sobre a recuperación do suxeito social dende unha perspectiva historiográfica, especialidade sobre a que publicou o libro Historiografía fin de siglo (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Franciscano. Foi profesor de Moral en Toro, Oviedo, A Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Desempeñou diversos cargos en Benavente e Santiago de Compostela e foi procurador xeral da orde en Roma. Publicou Postulatio facta Sanctissimo Domino nostro Benedicto papae XIV (1751) e Ven. P. et Doct. Joan. Duns Scoti Ordinis Minorum, Theologi eminentissimi, atque Academiae Subtilium antesignani (1754), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘música’.

    2. Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘gaita’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘tocar (a gaita)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. En 1908 ingresou na Academia de Infantería de Toledo. En 1918 xa era capitán e ingresou no Estado Maior. Comandante do Estado Maior (1919) foi agregado militar nas embaixadas de París, onde ampliou os seus estudios na escola Superior de Guerra, na de Bruxelas e nas legacións de Berna e A Haia. Ao iniciar a Guerra Civil abandonou os seus cargos, situouse no bando franquista e foi nomeado xefe de operacións do estado maior das tropas que tomaron Badajoz e Toledo. En 1937 ascendeu a coronel por méritos de guerra. Ao rematar a guerra volveu a París ata 1943, data na que ascendeu a xeneral de brigada, foi segundo xefe do Estado Maior Central ata 1947 en que ascendeu a xeneral de división e foi designado gobernador militar de Sevilla. En 1951 foi gobernador militar do Campo de Gibraltar e en 1983 titular da Capitanía Xeral de Granada. En 1955, co grao de tenente xeneral, foi nomeado director da Escola Superior do Exército e, en 1956, xefe da Casa Militar do Xefe do Estado. En 1957 foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no extremo NL da provincia, no límite con Cantabria (2.052 h [1996]). Os seus principais recursos económicos son as minas de hulla, a agricultura e a gandería bovina e ovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Tomou parte nos movementos independentistas e participou na Asamblea Constituínte de 1823. Foi presidente das Provincias Unidas de Centroamérica (1829-1830) e presidente da Asamblea de Guatemala en 1837. A partir de 1848 dirixiu o xornal El álbum republicano. En 1849 houbo de fuxir de Guatemala e refuxiose en Honduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Membro durante a Guerra de Independencia da Xunta de Corcubión, Cee e Fisterra, estaba encargado da defensa marítima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Traballou na ópera italiana de Londres, onde tocaba a frauta e o óboe, e posteriormente se trasladou a Edimburgo. Autor de concerti grossi, overture a quattro, sonatas para diversos instrumentos e antífonas, publicou en 1742 unha Collection of old Scots Tunes (Colección de vellas melodías escocesas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Corsario francés. Serviu na flota do almirante holandés Ruyter contra Inglaterra (1666-1667). Despois púxose ao servizo de Francia contra Holanda. No 1694 rompeu o bloqueo inglés de Dunkerque, e no 1696 derrotou a escuadra holandesa. Luís XIV concedeulle un título nobiliario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e sociólogo postestruturalista francés. A súa obra, baseada na lingüística de Saussure e Bloomfield, abarca dende unha reflexión sobre a condición histórica da linguaxe literaria, Le degré zéro de l’ecriture (O grao cero da escritura, 1953) e a tentativa de constituír unha semioloxía da moda, Système de la mode (Sistema da moda, 1967), ata demostrar a pluralidade significativa do texto literario. Cómpre salientar as súas coleccións de ensaios Mythologies (Mitoloxías, 1957) e Essais critiques (Ensaios críticos, 1964). A crise que viviu como creador viuse reflectida nalgunhas das súas obras: Roland Barthes par Roland Barthes (Roland Barthes por Roland Barthes, 1975) e Fragments d’un discours amoreux (Fragmentos dun discurso amoroso, 1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas glándulas do aparello xenital feminino, que desembocan en cada costado do orificio vaxinal dos mamíferos, agás os cetáceos, sirenios e pinnípedos; segregan un líquido mucoso, destinado a lubrificar o aparello xenital no momento do coito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta, historiador e escritor italiano. A súa obra principal é Istoria della Compagnia di Gesú (Historia da Compañía de Xesús, 1653 -1675), baseada nos documentos existentes na biblioteca do Vaticano. Foi defensor de Galileo, logo da súa condena. Está considerado como un dos clásicos italianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formado na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona, traballou en Santiago de Compostela dende a década dos anos sesenta, onde formaba equipo con Carlos Almuíña Díaz e Rafael Baltar Tojo. Nesta cidade recóllese gran parte da súa obra: edificio dos xulgados de Santiago, subestación de Fenosa da rúa Galeras, Pavillón do colexio Peleteiro, etc. Interveu tamén en proxectos de rehabilitación e restauración do núcleo histórico compostelán: a rehabilitación do Teatro Principal e do Salón Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid (1871-1874) e na Escola Superior de Diplomática (1876-1877 e 1880-1881). Foi director do Museo Pedagógico Nacional (1883-1929), o primeiro catedrático de Pedagoxía en España (1904), conselleiro de Instrución Pública (1921) e presidente do padroado de Misiones Pedagógicas (1931). Foi o principal discípulo de Francisco Giner de los Ríos, fundador da ILE (Institución Libre de Enseñanza), e o principal defensor dos plans que Giner trazara para a reforma da educación e da sociedade española, participando, por exemplo, na Fundación Sierra-Pambley ou na Escuela-Asilo Sotés. Tivo unha forte vinculación coa sociedade e cultura galega a través da súa esposa Carmen López-Cortón Viqueira. A partir de 1890, e acompañado frecuentemente por Francisco Giner e outros profesores institucionistas, pasou os veráns na casa grande de San Vitorio en Vixoi (Bergondo), e influíu nas primeiras experiencias de colonias de vacacións escolares en Galicia,...

    VER O DETALLE DO TERMO