Barrio, San Xoán de
Barrio, San Xoán de
Igrexa parroquial situada no concello da Póboa de Trives e pertencente a diocese de Astorga. No seu interior salienta o retablo principal, característico desta diocese, que consta de dous corpos divididos en tres rúas. No corpo inferior sitúase a imaxe da Virxe e no superior Cristo crucificado.