"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega en navegación aérea para determinar os movementos de ascenso e descenso dun avión, que se basea nas variacións da presión exterior.
-
-
Conxunto de normas que rexen a actividade dunha institución, sociedade, corporación, asociación, comunidade, confraría ou calquera outra persoa xurídica de carácter asociativo. O estatuto debe recoller a denominación da sociedade, o seu fin social, a súa estrutura, e a misión, forma e condicións de participación de cada un dos seus órganos nas actividades da organización.
-
Norma institucional, con rango de Lei orgánica, fundamental de cada comunidade autónoma. Por regra xeral debe conter: a) denominación da comunidade autónoma que mellor corresponda á súa identidade histórica; b) delimitación do seu territorio; c) denominación, organización e sede das institucións propias; e d) competencias asumidas. Para a súa promulgación, así como para a súa reforma, é precisa a aprobación das Cortes Generales.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei orgánica que lle outorgou o réxime de autonomía á comunidade catalana. No s XX redactáronse en Catalunya tres proxectos de estatuto de autonomía, dos que entraron en vigor dous, o de 1932 e o de 1979, que representaban a consecución dos ideais nacionalistas desenvolvidos desde principios de século. A primeira redacción correspondeu ao proxecto de Estatuto de Autonomía de 1919, aprobado polos deputados da Mancomunidade de Catalunya e os parlamentarios cataláns reunidos en asemblea constituínte o 25 de xaneiro de 1918. O estatuto prevía un goberno autónomo integrado por un Parlamento, un poder executivo e un gobernador xeral. Malia que non chegou ao Congreso a causa da oposición do goberno español, constituíu un valioso precedente do Estatuto de Nuria (1931), que entrou en vigor como Estatuto de Catalunya de 1932, tras ser aprobado polo Parlamento español o 15 de setembro. O texto propugnaba unha estrutura federal para España, a creación dun goberno común para os Països Catalans e o recoñecemento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei orgánica que lle outorgou a autonomía a Euskadi. Coa chegada da Segunda República elaborouse o primeiro proxecto de estatuto de autonomía, coñecido como Estatuto de Estella, localidade onde foi aprobado o 14 de xuño de 1931, por unha representación dos concellos de Araba, Guipuzkoa, Nafarroa e Bizkaia, e aprobado en referendo en 1933. O estatuto que definitivamente se aprobou en outubro de 1936 era moito máis breve e tiña un nivel de competencias autonómicas bastante inferior. O texto aprobado creaba a rexión autónoma de Euskadi con xurisdición sobre as provincias de Araba, Guipuzkoa e Bizkaia, sen mencionar sequera a posible incorporación de Nafarroa. As atribucións e a distribución das competencias entre os órganos autonómicos e o poder central eran semellantes ás do estatuto catalán. José Antonio Aguirre, líder do Partido Nacionalista Vasco, foi proclamado presidente do goberno vasco o 7 de outubro. A ofensiva do xeneral Mola acabou coa autonomía en Euskadi ao tomar Bilbao en xuño...
-
ENTRADA LARGA
Lei orgánica que lle otorgou a autonomía á comunidade galega. A aparición do nacionalismo en Galicia a principios do s XX trouxo consigo os xermes organizativos e os primeiros textos que reclamaban a descentralización do Estado español e as conseguintes transferencias de poder.
VER O DETALLE DO TERMO
Estatuto de 1936
Coa proclamación da Segunda República iniciouse o proceso para levar á práctica os desexos autonomistas. Anteriormente á aprobación do texto constitucional, déronse dúas tentativas iniciais. A primeira, na Asemblea pro-Estatuto do 4 de xuño de 1931, convocada pola ORGA-FRG (Organización Republicana Gallega Autónoma-Federación Republicana Galega) na Coruña, e á que acudiron representantes de diversas agrupacións galegas; entre elas, as de emigrantes en América, da Universidade de Santiago de Compostela, do Seminario de Estudios Galegos, do maxisterio, de colexios de avogados e dalgunhas agrupacións socialistas, se ben a gran maioría estaba constituída polos republicanos dos... -
VER O DETALLE DO TERMO
Norma fundamental do dereito do traballo en España que recolle os dereitos e deberes dos suxeitos das relacións laborais. É a norma que regulamenta as relacións, de ámbito laboral, que xorden no desenvolvemento do traballo na empresa. Aprobouse o 10 de marzo de 1980 e substituíu a Lei de Relacións Laborais (1976), que, a súa vez, reemprazara a Lei de Contratos de Traballo (1944). Supón o cumprimento do mandato constitucional. O texto vixente da lei atópase no Real Decreto Lexislativo de 24 de marzo de 1995 que sufriu diversas modificacións. Estrutúrase en tres títulos, que tratan de delimitar os contidos fundamentais do dereito laboral, aínda que certos temas, como o dereito de folga e o seu exercicio, a liberdade sindical e o procedemento laboral non se regulan no estatuto ou este non o fai por completo. O primeiro título regulamenta a relación individual de traballo e contén as disposicións xerais das relacións laborais, o contido do contrato de traballo, a modificación, suspensión e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carta outorgada pola raíña rexente María Cristina no nome da súa filla Isabel II, en abril de 1834 e que estivo vixente ata agosto de 1836. O texto, que contaba con 50 artigos, era obra de Francisco Martínez de la Rosa e estaba inspirado na carta de Luís XIII de Francia. Establecía unhas cortes bicamerais: o estamento dos próceres, que podían ser hereditarios (grandes de España) ou vitalicios (nomeados polo rei); e o estamento dos procuradores, escollidos por sufraxio censual e que só tiñan dereito de deliberación e petición e a atribución de aprobar as leis e os impostos. O motín de La Granja (agosto de 1836) obrigou a raíña rexente a restablecer a Constitución de Cádiz de 1812.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estatuto Real de Baiona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado no mosteiro de Antealtares o 7 de xuño de 1458 polos membros da nobreza e algúns concellos pertencentes ao arcebispado de Santiago para defender os seus intereses e limitar o poder do arcebispo sobre a terra de Santiago. Entre os asinantes estaban os concellos de Santiago, Noia e Muros, e nobres como Bernaldo Eanes de Moscoso, Pero Bermudes de Montaos, Sueiro Gomes de Soutomaior, Lopo Péres de Moscoso e Xoana de Castro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sal ou éster do ácido esteárico. A substitución do hidróxeno terminal do ácido esteárico por metais (C17H35COOM) dá lugar á formación de sales ou de xabóns, e cando se substitúe por grupos alquilo ou arilo, fórmanse ésteres (C17H35COOR). Os sales alcalinos do ácido esteárico son solubles en auga e empréganse como deterxentes, emulsionantes e catalizadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘graxa’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
adipocito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor de graxa ou lipoma de localización cutánea e subcutánea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acumulación excesiva de graxa nas nádegas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia anormal de graxas nas deposicións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dexeneración da graxa dun tecido ou dun órgano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Delito de ocultación dunha carga que afecta a unha propiedade no momento de efectuar a súa venda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á voz ou ruído que produce un rebumbio moi grande debido á súa potencia.
-
-
Método que permite medir de forma precisa, mediante fotografías estereoscópicas, as particularidades e as dimensións dun obxecto. Emprégase en topografía, arquitectura, diagnose da coxalxia nos neonatos e en recoñecementos traumatolóxicos e estomatolóxicos.
-
Técnica empregada no levantamento de alzados de monumentos mediante a fotografía estereoscópica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de tallar as pedras, a madeira, o ferro e outros materiais que se empregan na construción.