"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Neves baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Neves baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que batalla.

    2. Aplícase ao león rampante situado en fronte doutro no campo do escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partida carlista galega moi temida, que tiña por caudillo a frei Saturnino Enríquez, un franciscano que fuxira o 14 de maio de 1835 do convento da Vot da Mercede en Melide para pasar a integrar as filas das guerrillas que defendían o Absolutismo a carón de Antonio López, quen estaba ao mando da partida de Sobrado-Arzúa-Melide. Formado no ano 1836, trala morte de Antón López, por desmembración da partida que dirixía, tivo o seu lugar de actuación na área de Mesía, nas terras do interior de Betanzos. O Batallón da Constancia tiña como segundos a Fraga e Andrés Carril, e adquiriu unha nomeada reputación de partida sanguinaria polas súas medidas represivas e polas súas sentencias sumarísimas. A violencia e as extorsións veñen a confirmar a escasa atención que lle prestaba ás recomendacións de moderación dadas polo presidente da xunta carlista galega, Juan Martínez Villaverde. En 1840 frei Saturnino fuxiu a Portugal, onde morrería en 1845 ou 1846, logo da disolución do seu batallón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina artesanal que funciona pola forza hidráulica, polo que se localiza en lugares que dispoñen de auga corrente. Coa forza motriz da auga ponse en movemento un mecanismo para bater o tecido, especialmente os panos e mantas, que saen amazocados do tear, desengraxados e cunha textura compacta e consistente para resistir mellor o frío e a choiva. Consta de tres pezas fundamentais que van unidas unhas ás outras: a roda motriz vertical que xira impulsada pola auga e move o eixe horizontal; dous mazos de madeira pendurados dunha bisagra de movemento constante e rápido para bater o tecido e, por último, unha pía ou cuba con auga onde se vai mollando o tecido. Os primeiros batáns apareceron en Europa na Idade Media. En Galicia constituían a base dunha industria doméstica moi produtiva no período 1770-1790, momento no que existían 166 batáns tradicionais establecidos principalmente no Baixo Ulla, a Alta Limia, o Alto Arnoia, a Terra de Montes e nas xurisdicións de Mondoñedo, Paderne, Allariz,...

    2. Construción arquitectónica e mecánica que acolle o batán ou folón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Masma pola dereita que drena o val de Lourenzá. Nace no lugar das Redondas, no SL da parroquia de San Adrao de Lourenzá (concello de Lourenzá), a 400 m de altitude. Adopta un curso de dirección SL-NO e atravesa as catro parroquias do concello de Lourenzá. Na de San Xurxo de Lourenzá recibe pola esquerda o seu principal afluente, o Baus. Prosegue o seu curso cara ao NO e pasa pola capital municipal, Vilanova de Lourenzá, desembocando, logo dun percorrido duns 11 km, preto da aldea de Ribeira, na parroquia de Santa María de Lourenzá, achegando ao Masma un caudal de 1,64 m3/s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de pequenas illas das Filipinas, no estreito de Luzón, ao N da illa de Luzón, que constitúen a provincia administrativa de Batanes. A poboación concéntrase nas chairas litorais e os seus principais recursos económicos son a agricultura e as minas de carbón. O maior núcleo de poboación é a cidade de Basco, na illa de Batán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que traballa no batán ou coida del.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político da Restauración. Fiel a Isabel II, foi elixido deputado polo distrito de Muros en 1864 e 1872. Oposto á Constitución de 1876, defendeu a de 1845.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da rexión de Luzón Central, na illa de Luzón, Filipinas (184.000 h [1990]). Importante porto pesqueiro e comercial na baía do seu mesmo nome, posúe industrias alimentarias e unha refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Foi un dos clásicos do debuxo humorístico británico de situacións socialmente insólitas ou molestas. Foi colaborador da revista Punch. O libro The man who drew the twentieth century (O home que debuxou o século vinte, 1969) é unha antoloxía da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico inglés. Foi unha das grandes figuras do teatro inglés dos últimos anos coa súa formación clásica forxada no Royal Court Theatre. Foi nominado ao Oscar polo seu papel en The fixer (O home de Kiev, 1967). Interpretou moitas películas de éxito, como The entertainer (O animador, 1960), Zorba the greek (Zorba o grego, 1964), Women in love (Mulleres namoradas, 1969) de K. Russell, An unmarried woman (Unha muller solteira, 1978) de P. Mazursky, Quartet (Cuarteto, 1981) de J. Ivory, A prayer for the dying (Réquiem polos que van morrer, 1987), Hamlet (1991), Secret friends (Amigos segredos, 1992) e Silent tongue (Lingua silenciosa, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro estado do Dogger (ou Xurásico medio), situado baixo o Caloviano e sobre o Baxociano. O estratotipo está nas calcarias oolíticas de Bath, preto de Bristol (Inglaterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Bathoniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Konstantin Nikolajevic   Bat’uškov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il de Batman, na rexión da Anatolia Oriental, Turquía (186.178 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il da rexión de Anatolia Oriental, Turquía (4.694 km2; 345.100 h [1990]). A súa capital é Batman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cómic norteamericano que apareceu en 1939 editado pola Detective Comics Magazine. Nos anos sesenta acadou unha enorme popularidade e pasou ao cine e á televisión. A indumentaria do personaxe principal consta dun traxe escuro con capa e anteface, semellante ao dun morcego. Habita na cidade de Gotham e ten como compañeiro de aventuras a Robin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción norteamericana realizada en 1989 e dirixida por Tim Burton. Foi interpretada por Jack Ni-cholson, Michael Keaton, Kim Basinger e Pat Hingle. Destaca polo emprego de numerosos efectos especiais que tentaban achegar a película ao cómic orixinario.

    VER O DETALLE DO TERMO