Batán
Batán
Río afluente do Masma pola dereita que drena o val de Lourenzá. Nace no lugar das Redondas, no SL da parroquia de San Adrao de Lourenzá (concello de Lourenzá), a 400 m de altitude. Adopta un curso de dirección SL-NO e atravesa as catro parroquias do concello de Lourenzá. Na de San Xurxo de Lourenzá recibe pola esquerda o seu principal afluente, o Baus. Prosegue o seu curso cara ao NO e pasa pola capital municipal, Vilanova de Lourenzá, desembocando, logo dun percorrido duns 11 km, preto da aldea de Ribeira, na parroquia de Santa María de Lourenzá, achegando ao Masma un caudal de 1,64 m3/s.