"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Khêt de Camboxa (19.184 km2; 837.000 h [estim 1987]. A súa capital é Battambang (45.000 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático árabe, coñecido en Occidente por Albategnius. Habitou en Al-Raqqa, preto do Éufrates. Deu aos estudios astronómicos un enfoque científico. Continuador da obra de Ptolomeo, perfeccionou algúns puntos do seu Almaxesto. Dedicouse á confección de táboas e mediu con máis precisión ca os gregos a inclinación da eclíptica e o ano trópico. Observou as eclipses do Sol e da Lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Khan mongol (1227-1255), neto de Xenguis Khan e fillo de Jöči. Foi xefe da grande expedición mongólica que invadiu e devastou Rusia, Polonia, Silesia, Hungría e Dalmacia, chegando ata Klosterneuburg (1237-1242). O seu khanato foi coñecido como o de Kipchak ou da Horda de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Traballou especialmente na determinación de pesos atómicos, de densidades e compresibilidades dos gases reais, e estableceu un método para calcular constantes químicas verdadeiras en substancias monoatómicas. Ocupou entre 1932 e 1963 a cátedra de Química Física na Universidade de Santiago, a primeira desta especialidade no Estado español. O grupo de investigación que se conformou no seu contorno foi un dos equipos que se dedicou, xunto cos de Xenebra e Madrid, á determinación precisa das masas atómicas tomando como base o isótopo do carbono 12. En 1955 foi designado membro titular da Comisión Internacional de Pesos Atómicos, da que foi presidente e na que xogou un papel relevante no establecemento dunha escala única de masas atómicas. Foi membro da Comisión Internacional de Táboas Constantes, académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, e en 1963 foi nomeado conselleiro de honra do CSIC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. A súa poesía, liberal e renovadora, seguiu a tradición anacreóntica: Moi penaty (As miñas mágoas, 1814). Cultivou tamén a elexía histórica e evoluíu cara a unha poesía profundamente melancólica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor naïf. Desenvolveu un estilo realista e unha temática mitolóxica e histórica. Expuxo por vez primeira no Salón Outono de París. A súa obra foi difundida polo crítico alemán Wilhelm Ühde e, entre outros, por Le Corbusier e os pintores puristas. Diaghilev encargoulle diversas decoracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área montañosa da rexión sudanesa de Nixeria, formada por un altiplano de gneises do cal sobresaen altiplanos residuais ou monadnocks de granito. É o lugar máis importante de África en explotación de casiterita, da que se extrae o estaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diácono. Segundo a lenda foi decapitado cun machado e a súa cabeza rebotou tres veces facendo brotar tres fontes. Tamén se di que onde o enterraron agromou un vizoso loureiro con poderes curativos. En Soria hai un santuario dedicado a san Baudilio de Berlanga. Na iconografía leva como atributos persoais o machado do seu martirio e, á súa beira, un loureiro como símbolo da inmortalidade. A súa festividade celébrase o 20 de maio; nos calendarios hispanos anteriores ao s XI xa figuraba ese día ou o 18 do mesmo mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista polaco. Doutor en Filosofía pola Universidade de Leipzig, entre 1870 e 1913 foi profesor sucesivamente en Petersburgo, Kazan’, Dorpat e Cracovia. En 1918, unha vez acadada a independencia de Polonia, foi nomeado profesor en Varsovia. A súa primeira lección inaugural en Petersburgo (1870) constituíu un esbozo da fonoloxía, máis en particular da morfofonoloxía. O seu mellor momento creador foi a época de Kazan’, ao redor do ano 1880, cando lle servía de estímulo a colaboración mantida con Mikolaj Kruszewski. Influíu sobre Saussure grazas ao seu Versuch einer Theorie phonetischer Alternationen (Ensaio dunha teoría das alternancias fonéticas, 1895) e o seu ensino foi o núcleo formador da chamada Escola de Petersburgo. Publicou tamén un estudo sobre os dialectos do Friul en 1875. Determinou as diferencias entre dúas fonéticas descritivas distintas, o estudo dos sons como fenómenos físicos, a Fonética, e o estudo dos signos empregados por unha mesma comunidade lingüística ou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Xenro e discípulo de François Boucher. É o representante máis característico da pintura galante da época de Luís XV. As súas obras O froito do amor secreto e A esposa indiscreta, entre outras, reflicten a súa temática amorosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. O seu pensamento analiza a noción de consumo, clave para a comprensión da sociedade posterior á Segunda Guerra Mundial. Cunha reflexión paralela á de Marx, substitúe a noción de mercadoría pola de signo. Entre as súas obras destacan: Le système des objets (O sistema dos obxectos, 1968), La societé de consommation (A sociedade de consumo, 1970), Pour une critique de l´economie politique du signe (Por unha crítica da economía política do signo, 1972), Le miroir de la prodution (O espello da produción, 1973), L’échange symbolique et la mort (O cambio simbólico e a morte, 1978) e De la sédution (Da sedución, 1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico e director de fotografía arxentino. Comezou na dirección de curtametraxes, converténdose nun dos realizadores do novo cine arxentino. Con Después de la tormenta (1990) gañou diversos premios en Donostia, Huelva, Chicago e La Habana. Dirixiu tamén Cortázar (1994), filme onde se mestura poesía, emoción e creación cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. Recolleu materiais para dúas obras monumentais: Historiae plantarum (Historias das plantas, 1619) e Historia universalis plantarum (Historia universal das plantas, 1650-1951), publicadas postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico e químico. Ideou a escala de densidades Baumé, investigou sobre a fabricación da porcelana e formulou as gotas amargas de Baumé, tónico amargo e estimulante. Publicou Dissertation sur l´éther (Disertacións sobre o éter, 1575), Traité de Pharmacie théorique et pratique (Tratado de Farmacia teórica e práctica, 1762) e Chimie expérimentale et raisonnée (Química experimental e razoada, 1773).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Pertenceu á escola filosófica de Leibniz e Wolff, e foi profesor en Halle e en Frankfurt do Oder. Está considerado como o fundador da moderna estética como disciplina filosófica autónoma e sistematizada pola súa contribución con Aesthetica (1750-1758), na que diferenza a ciencia do fermoso e do belo do resto da Filosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orientalista e liturxista. Como investigador das linguas orientais publicou Die chrisliche Literatur des Orients (1911) e Geschichte der syrischen Literatur (Historia da literatura siria, 1922). Así mesmo, é o fundador da liturxia comparada, sistematizada na súa obra Liturgie comparée (Liturxia comparada, 1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto castelán. Representante do momento de transición do Herrerianismo ao Barroco. No ano 1633 substituíu a Pedro Sánchez na construción de San Isidro el Real, que se comezara a edificar no 1622. A súa obra máxima é a igrexa de San Juan Bautista de Toledo, comezada no 1628.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cartógrafo, capitán de navío e político. Despois de participar en diversas accións navais, entre elas a toma de Menorca (1781), confeccionou o atlas marítimo das costas hispánicas. Acompañou o almirante Alejandro Malaspina na súa viaxe ao redor do mundo (1789-1794) e cando volveu (1795) dedicouse á publicación de diversos traballos cartográficos sobre as costas americanas do Pacífico. En 1822 foi elixido deputado a Cortes por Mallorca; en 1823 exiliouse a Londres. A súa correspondencia e os seus traballos están na Bauzà Collection do British Museum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circuíto complexo que permite dosificar independentemente os graves e os agudos nos aparellos amplificadores destinados á reprodución de son, especialmente de música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie e época do Carbonífero mariño de Rusia, que xace enriba do Sepukhoviano e baixo o Moscoviano.

    VER O DETALLE DO TERMO