"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Cantidade de ouriños botados dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito da viña cando os acios son de pequeno tamaño e case non teñen uvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aviso ou denuncia que se dá ou se recibe secretamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cantaruxar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manda de cánidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e cantautor. Foi o iniciador da corrente celta co lanzamento do seu primeiro disco Fonte do araño (1977), que supuxo unha renovación no eido musical, e o primeiro músico en recuperar a arpa como instrumento dentro da música tradicional galega. Boa parte do seu repertorio é cantado, tomando como base poemas propios e textos de Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra ou Suso de Toro, entre outros poetas. A partir de 1983 compuxo bandas sonoras para cine e teatro, entre as que destacan Xoana, de Xulio Lago (1986); Medea, de Eduardo Alonso (1989); Hamlet, de Ricard Salvat (1991); ou Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro (1997). Colaborou co coreógrafo Daniel Goldin musicando as coreografías La peregrinación (1986) e La sombra y la luna (1992), gañadoras, respectivamente, do primeiro premio á mellor coreografía do VII Concurso das Artes de Arxentina e á mellor coreografía do Concorso Internazionale de Coreografías...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cobra capcaudada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso da comarca de Ortegal, no extremo setentrional da Comunidade Autónoma de Galicia. Esténdese entre as parroquias de Cariño, Feás, Landoi, Pedra e Sismundi, no concello de Cariño; Veiga e Mera, no concello de Ortigueira; e Montoxo e Régoa, no concello de Cedeira. Asentado sobre unha litoloxía precámbrica dominada polas rochas básicas e ultrabásicas (gneis, serpentinita, anfibolita), as súas máximas altitudes corresponden aos 664 m do monte Herbeira e aos 572 m do Concepenido. Na súa banda occidental, ao caer sobre o mar, forma uns cantís que se estenden dende a punta Sarridal, na ría de Cedeira, ata a punta dos Aguillóns, no cabo Ortegal. Estes acantilados, cos 620 m de altitude da Vixía Herbeira, son os máis altos da beira europea do Océano Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tiro ou sucesión de tiros realizados cunha carabina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de carabullos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diversión prolongada e buliciosa.

    2. Cousa que molesta e desagrada.

    3. Cousa que ten pouco valor.

    4. Feito ou cousa sen importancia ou de pouco interese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de sinople, un brazo armado, movente do flanco sinistro, empuñando un alfanxe da súa cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Publicista. Dedicado ao sector publicitario dende os anos sesenta, en 1970 creou a axencia publicidade Luis Carballo. Dende un principio organizou as campañas promocionais dalgunhas das empresas máis dinámicas de Galicia e creou un programa de desenvolvemento da súa industria téxtil, sector en auxe que competía nos mercados nacionais e internacionais. En relación con esta actividade publicou o libro Galicia siete años de moda, no que se promocionaba a pasarela de moda Luada (París, Barcelona, Vigo, Santiago, A Coruña, etc), o salón Gaudí (Barcelona) e a revista Galicia Moda, onde apareceron as principais firmas téxtiles internacionais e galegas. Ademais, editou a revista ITH, dedicada á promoción cultural de Galicia, e a revista DOA, vinculada ao sector da gastronomía e alimentación. Da súa autoría son os contidos expostos no Pavillón de Galicia da Expo’92 celebrada en Sevilla e algúns dos deseños do Ano Santo Xacobeo 1993. Entre outros galardóns, recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista e músico. Estudiou piano no conservatorio de música de Santiago. Aos 18 anos marchou para Barcelona, onde se fixo sacerdote e ingresou nos Salesianos. Realizou estudios de ciencias naturais na Universidad de Madrid e foi discípulo de Rodríguez Carracido. Doutorouse no ano 1922 coa tese “El Paleolítico en la costa Cantábrica”. Amosou interese pola xeoloxía, especialmente pola espeleoloxía, e considéraselle o introdutor desa disciplina en España. Gracias aos seus esforzos constituíuse, en 1926, o Museo Provincial de Prehistoria de Santander, do que foi o primeiro director. Entre os seus traballos destacan: Fauna espeleológica de la Montaña (1910), Mentalidad humana del troglodita cuaternario y del hombre primitivo (1911) e Prehistoria universal y especial de España (1924). Ademais de diversos artigos sobre os alfabetos prehistóricos e os petroglifos galegos cómpre sinalar a novela histórica Fida, la hija del último druida galaico (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gran cantidade de carbón.

    2. Preparación consistente en asar na grella unha carne previamente cocida.

      1. Tipo de guisado popular en varios países latinoamericanos. Na súa variante crioula está feito con carne de vacún esmiuzada, condimentada con pemento e acompañada con froitas e hortalizas.

      2. carbonada flamanda

        Prato de orixe belga consistente nun guiso de carne de vacún encebolada que se coce con pan negro untado en mostaza e cervexa negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción de liño ou la que se carda dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de carenar unha embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da subclase das carinadas.

    2. Subclase de aves que engloba as ordes dos gaviformes, podicipediformes, procelariformes, pelecaniformes, ciconiformes, fenicopteriformes, anseriformes, calarciformes, accipitriformes, falconiformes, galiformes, gruiformes, caradriformes, pteroclidiformes, columbiformes, psitaciformes, cuculiformes, estrixiformes, caprimulxiformes, apodiformes, coraciformes, piciformes e paseriformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comida que se usa como cebo para capturar peixes ou animais.

    2. Artificio para atraer con enganos.

    VER O DETALLE DO TERMO