Carballo Taboada, Luis Efrén

Carballo Taboada, Luis Efrén

Publicista. Dedicado ao sector publicitario dende os anos sesenta, en 1970 creou a axencia publicidade Luis Carballo. Dende un principio organizou as campañas promocionais dalgunhas das empresas máis dinámicas de Galicia e creou un programa de desenvolvemento da súa industria téxtil, sector en auxe que competía nos mercados nacionais e internacionais. En relación con esta actividade publicou o libro Galicia siete años de moda, no que se promocionaba a pasarela de moda Luada (París, Barcelona, Vigo, Santiago, A Coruña, etc), o salón Gaudí (Barcelona) e a revista Galicia Moda, onde apareceron as principais firmas téxtiles internacionais e galegas. Ademais, editou a revista ITH, dedicada á promoción cultural de Galicia, e a revista DOA, vinculada ao sector da gastronomía e alimentación. Da súa autoría son os contidos expostos no Pavillón de Galicia da Expo’92 celebrada en Sevilla e algúns dos deseños do Ano Santo Xacobeo 1993. Entre outros galardóns, recibiu a Medalla de Galicia (1993) e o Premio Internacional Arjo Wiggins (2000), como mellor deseñador de catálogos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Xinzo de Limia