"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CAPITAIS
Capital da illa de Guam (4.785 h [1990]). Nacida no s XVI como centro administrativo das posesións hispánicas do Pacífico occidental, en 1898, trala guerra hispano-norteamericana, pasou á administración dos EE UU. Actualmente é o centro administrativo, comercial e de comunicacións dos territorios norteamericanos nesa área do Pacífico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de agañar.
-
PRAIAS
Praia da enseada de Rianxo, na parte oriental do concello de Boiro, situada entre a praia Supicho, ao L, e a praia e punta Budión, ao NO.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘pillar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subir coa axuda das mans e dos pés a unha árbore, muro ou calquera outro lugar elevado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
callaleite.
-
RIOS
Río da illa de Honshū, Xapón, que despois de recibir o emisario do lago Inawashiro desemboca no mar do Xapón, ao O de Niigata.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa italiana. Deuse a coñecer no 1900 coa colección de poemas Leggenda eterna (Lenda eterna); posteriormente (1908) publica Nuove liriche (Nova lírica).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de aganzuar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘pechadura’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘pechar’.
-
PERSOEIRO
Papa (535-536). Combateu o monofisismo, depuxo o patriarca Antimo de Constantinopla e xestionou sen éxito a paz entre Xustiniano e o Rei ostrogodo Teodato. Festa: o 20 de setembro na Igrexa latina e o 22 de abril na Igrexa ortodoxa grega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mozo romano de entre 15 e 18 anos que, en tempos do Emperador Aureliano, superou milagrosamente múltiples tormentos antes de sufrir martirio: botáronlle auga fervendo na barriga, arrincáronlle os dentes, colgárono polos pés sobre unha fogueira pero as lapas lambíano sen lle facer mal ningún. Os leóns do circo tamén se lle deitaron mansos aos pés. Morreu co peito atravesado por unha espada ou, segundo outra tradición, decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nivelar coa garanda a pedra fixa do muíño.
-
Sinalar coa garanda o labor a facer nalgunha peza de carpintería.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que agarima.
-
-
Que agarra algo ou alguén.
-
Na matanza do porco, aplícase á persoa ou persoas que collen con forza o animal.
-
-
PERSOEIRO
Xogador de tenis norteamericano de orixe grega. Debutou no circuíto profesional en 1987 e axiña acadou sona pola súa forma de vestir nas pistas. En 1988 participou por primeira vez en Wimbledon. Malia a súa irregularidade, ao gañar o torneo de Roland Garros en 1999 converteuse no primeiro xogador da era open, e o quinto na historia, en acadar o Grand Slam, é dicir, en vencer nos catro torneos máis importantes do circuíto (obtivo cadanseu triunfo en Wimbledon, no Aberto de Australia, no Aberto de EE UU, e en Roland Garros). Foi o mellor tenista mundial (primeiro na clasificación da ATP) en 1995, durante 30 semanas consecutivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo mariño. Fillo de Jean Louis Rodolphe Agassiz. Fundou a estación zoolóxica de Newport (Rhode-Island, EE UU).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista suízo. Foi un dos naturalistas máis influentes do s XIX, formado na vella escola (estudiara en París xunto con Cuvier) de anatomistas comparativos. Os seus extensos e meticulosos estudios sobre os peixes fósiles fixaron na práctica esa materia científica; así mesmo, a súa obra sobre as glaciacións europeas proporcionou o fundamento de toda a investigación futura do glaciarismo. En Harvard fundou o Museum of Comparative Zoology (1859). Malia os seus moitos estudios de animais fósiles e dos antigos cambios climáticos, Agassiz era un firme antievolucionista que se negou a recoñecer os avances derivados da teoría darwinista e, apoiándose na súa reputación de máximo naturalista de Norteamérica, ridiculizou os defensores desa teoría en América (Gray, etc). Como persoa crente nos planos divinos e nas formas ideais, non vía continuidade no rexistro fósil que el mesmo axudara a coñecer e sistematizar; afirmaba que as especies novas eran o resultado de creacións distintas e sucesivas....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compañeiro de Clemente de Ancira, con quen morreu mártir contra o 300. En Elx venérase un santo Agatanxo como fillo da cidade; sen embargo, pode tratarse dunha confusión co anterior. A súa festa celébrase o 23 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO