Agapito, santo
Agapito, santo
Mozo romano de entre 15 e 18 anos que, en tempos do Emperador Aureliano, superou milagrosamente múltiples tormentos antes de sufrir martirio: botáronlle auga fervendo na barriga, arrincáronlle os dentes, colgárono polos pés sobre unha fogueira pero as lapas lambíano sen lle facer mal ningún. Os leóns do circo tamén se lle deitaron mansos aos pés. Morreu co peito atravesado por unha espada ou, segundo outra tradición, decapitado.