"Anu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1145.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á granulometría.
-
-
Que presenta granulacións.
-
Que está formado por gránulos.
-
Que ten unha superficie áspera.
-
-
PERSOEIRO
Sacerdote dominicano. Formado no convento de San Domingos de Santiago, foi profesor de filosofía e teoloxía en Santiago (1794-1798 e 1800-1805), Oviedo (1798-1800) e Ourense. No 1815 obtivo o título de doutor na Universidade de Santiago feito que lle permitiu, un ano despois, ser designado polo claustro compostelán como substituto da cátedra de Teoloxía. No 1817 foi nomeado moderante da Academia de Teoloxía, da que tamén foi presidente. Finalmente no ano 1833 obtivo a cátedra de Institucións Teolóxicas. Dentro da súa orde relixiosa desempeñou os cargos de calificador do Santo Oficio, prior do convento de Pontevedra (1813-1816), prior do de Santiago (1826-1829) e vicario xeral de Galicia (1825-1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor, actor e director teatral venezolano. Formouse no teatro independente ourensán e no Institut del Teatre de Barcelona. Despois de participar en Histrión 70 e no Grupo Auriense, creou en 1982 a compañía Caritel, coa que realizou os seus primeiros traballos de dirección, como Esto non é serio señores (1984) ou Ollo ao piollo King-Kong (1985). Realizou diversos traballos de dramaturxia, algúns deles con teatro do Noroeste e co Centro Dramático Galego, do que é director desde 1990, e co que realizou diversos espectáculos como Nin me abandonarás nunca, sobre textos de X. Posada Curros; O bufón d’El Rei, de V. Risco; Calígula, de A. Camus; ou O colaborador, de F. Dürrenmatt. Co Centro Dramático Nacional dirixiu Os vellos non deben de namorarse.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Guerreiro, estudiou Belas Artes en Madrid e ampliou a súa formación en París e Italia. Realiza unha obra hiperrealista caracterizada polo dominio do debuxo e as tonalidades grises. Das súas obras destacan os murais da igrexa de San Bartolomeu de Xove. Realizou as ilustracións de A fonte da vida longa (1898) e Tras as portas do rostro (1992) de Marica Docampo. Fixo exposicións individuais e participou na III Mostra Unión Fenosa. Recibiu o Primeiro Premio de Pintura Lugo Nova 90 e foi finalista no Concurso de Ilustración de Libros de Cuentos Espasa-Calpe (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou Historia da Arte na Universidad Complutense de Madrid e debuxo, pintura e modelado na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo. Colaborou con obra gráfica en El Progreso, La Voz de Galicia e nas revistas Lucus, Can sen dono e Atlántico Exprés. A súa obra, figuración e abstracción, caracterízase pola sinopse representativa e pola síntese de elementos plásticos na procura de valores dominantes e da supresión dos contidos circunstanciais ou anecdóticos. Realizou exposicións individuais por toda Galicia e participou en diversas mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Enxeñería, adheriuse ao Partido Socialista en 1974 e foi elixido deputado en 1976. Asumiu o cargo de secretario xeral do partido en 1992 e de primeiro ministro portugués tralas eleccións de 1995. No XXI Congreso foi nomeado presidente da Internacional Socialista (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Manuel Gutiérrez Sánchez.
-
PERSOEIRO
Militar. Ingresou no exército como garda real (1820) e foi alférez (1825) e tenente (1832). Destacou na Primeira Guerra Carlista e chegou a mariscal de campo (1840). Contribuíu á caída de Espartero no verán de 1843 e durante o Bienio Progresista colaborou con O’Donnell e ascendeu a capitán xeneral de Catalunya (1845-1846 e 1848-1849). En 1847 dirixiu parte do exército que se enviou a Portugal. Participou na Segunda Guerra Carlista e defendeu o afonsismo (1872). Durante a Terceira Guerra Carlista comandou un corpo do exército e liberou Bilbao en maio (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Formouse na Academia General Militar de Zaragoza (1929) e accedeu ao grao de oficial en 1933. Durante a Guerra Civil formou parte dos servicios de intelixencia dos sublevados e ascendeu a capitán (1938). Comandante dende 1944, ascendeu a tenente coronel en 1957 e a coronel en 1965, cando foi destinado ao Estado Maior Central do Exército. En 1970 ascendeu a xeneral de brigada e integrouse no CESEDEN (Centro Superior de Estudios de la Defensa). Xeneral de división (1973), foi destinado ao Alto Estado Maior como segundo xefe e en 1975 a Ceuta como comandante xeneral. En 1976 foi nomeado capitán xeneral da VII Rexión Militar. Vicepresidente primeiro para Asuntos da Defensa desde setembro de 1976, asumiu o ministerio de Defensa desde setembro de 1977. En 1979 deixou o ministerio e permaneceu na vicepresidencia primeira para Asuntos da Defensa. Durante o intento de golpe de estado de 23 de febreiro de 1981 destacou pola súa actitude decidida diante dos insurrectos. Membro do Consello...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Impulsou o modernismo no seu país coa Revista Azul (1894). A súa obra lírica recolleuse baixo o título de Poesías (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Manuel Gutiérrez Aragón, estudiou dirección na Escuela Oficial de Cinematografía. Debutou como realizador da man do produtor Elías Querejeta co filme Habla, mudita (1973). Escribiu todos os guións das súas películas e colaborou en moitos outros. En 1993 foi elixido presidente da Sociedad General de Autores de España. Dentro da súa filmografía destacan as películas Camada negra (1977), Sonámbulos (1978), El corazón del bosque (1978), Maravillas (1980), Demonios en el jardín (1982), La mitad del cielo (1986), Cosas que dejé en La Habana (1997), Visionarios (2001) e La vida que te espera (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canuto III de Dinamarca.
-
PERSOEIRO
Político. Ingresou na Falange Española (FE) en 1934 e participou nos preparativos do Alzamento de 1936, organizando a rebelión en Galicia. Nomeado xefe nacional da FE trala morte de J. A. Primo de Rivera, opúxose ao Decreto de Unificación cos tradicionalistas, asinado por Franco en abril de 1937. Foi detido e encarcerado (1937-1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Traballou en Nancy na transformación da capela de Notre-Dame-du-Bon-Secours, na capela funeraria dos Leczińsky e na urbanización das prazas Stanislas (1753), da Carrière e da Alliance (1756). En Lunéville fixo os primeiros xardíns franceses de gusto chinés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Coñecido como Manuel Mompó, a súa obra, inicialmente figurativa, foise simplificando ata chegar a unha linguaxe gráfica elemental e colorista, de signos flotantes colocados sobre fondos brancos. A partir de 1975 cultivou tamén a escultura, utilizando sobre todo metacrilatos e pranchas de ferro ou aceiro. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1984.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Foi director do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. Arquéologo municipal de Vigo, ten publicado diversos estudios sobre a arte rupestre e castrexa, e a historia de Vigo en revistas especializadas. Foi coautor de As Raíces de Vigo: a prehistoria (1995), Arte rupestre no sur da Ría de Vigo (1999) e Vigo medieval: a idade media (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Perú (36.887 km2; 747.263 h [estim 1998]). A súa capital é Huánaco (129.688 h [estim 1998].
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista Xeral de Galicia. Foi xuíz eclesiástico e visitador do arcebispado de Santiago de Compostela. Das súas obras destacan Anales del Reino de Galicia (1733-1736), nos que incluía abundantes datos sobre a xeografía, a historia e a arqueoloxía de Galicia, e España primitiva, historia de sus reyes y monarcas desde su población hasta Cristo (1738-1740).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Aprendeu o seu oficio en Madrid, na imprenta do seu tío Marín. En 1735 fíxose cargo da imprenta da Universitat de Cervera, axudado polo seu irmán Joaquín. O primeiro libro impreso foi Heroica vida de D. Francisco de Queralt (1736), de M. Conill, e en breve tempo destacou pola altísima calidade dos seus traballos, o que o levaron a ser unha referencia na Península Ibérica. Ao falecer, a súa viúva María Antonia Cous Benedicto seguiu o negocio familiar e asinou os seus traballos como María Antonia Ibarra.
VER O DETALLE DO TERMO