"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
-
de bocelar.
-
Perfil ou sección curvilínea na superficie dun plafón de madeira ou nos cantos interiores dun bastimento ou unha porta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adornar con boceis ou dar esta forma a algunha peza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro de Llano López.
-
MONTES
Monte que constitúe a estribación meridional da serra á que dá nome (Serra do Bocelo). Situado entre as parroquias de Nogueira e Pousada -ambas as dúas do concello de Sobrado dos Monxes- e a da Capela (concello de Toques), o seu cumio atópase a 762 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Aliñación montañosa que se estende na vertente occidental da dorsal galega, situada no límite dos concellos de Boimorto, Sobrado dos Monxes, Toques e Melide, no centro da Comunidade Autónoma. Constitúe a divisoria de augas entre as cuncas do Tambre, ao N, e do Ulla, ao S. Erguida sobre ortogneises que afloran nun contexto de xistos (aparecen ao L dos da serie de Ordes), nos que se insiren filóns de anfibolitas, a altitude media da súa liña de cumes, que adopta unha disposición SO-NL, supera os 700 m, acadando os 762 m no Bocelo e os 749 m na Pena da Moura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Caldas de Reis, Moraña e Cambados. Os de Nogueira descenden dos Paadín Caamaño. Outras formas coas que pode aparecer representado este apelido nos tratados heráldicos é Bozeta, Buceta ou Buzeta.
-
PERSOEIRO
Pintor e dourador de retablos. Estivo activo na comarca de Pontedeume. En 1626 traballou nos retablos da capela maior de Santiago de Barallobre (Fene) e de San Mamede de Laraxe (Cabanas); en 1628 no retablo principal de Santa María de Ombre (Pontedeume). En 1631 pintou e dourou, xunto con Alonso Pernas e Gabriel de Fojo, as andas do retablo da Santísima Trindade da confraría de mareantes de Pontedeume.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que bocexa a miúdo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abrir a boca involuntariamente, facendo unha inspiración bucal, profunda e longa, con separación das mandíbulas e seguida dunha expiración tamén profunda e prolongada, a miúdo ruidosa. Manifesta unha dificultade ou diminución da respiración, debida á fatiga, ao desexo de durmir, ao tedio, á fame, ao frío ou a unha calor excesiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de bocexar.
-
-
Lesión cutánea de carácter leve que se forma na pel por efecto dun rozamento continuado, dun golpe ou dunha queimadura; a epiderme elévase, formando unha bolsa con líquido no interior.
-
Burbulla na superficie da auga ou doutro líquido. OBS: O o desta palabra é aberto [ɔ].
-
-
-
Cada unha das bólas de madeira ou de metal con que se xoga ás bochas.
-
Xogo practicado entre dous equipos, dun a catro participantes, con bólas de madeira ou metal. O xogador que tira debe procurar que a bóla, rodando, se sitúe o máis próxima posible da boliña de referencia, tirada previamente. Gaña o que achega máis a súa bóla á pequena. OBS: O o desta palabra é pechado [o].
-
-
-
Pulmón da vaca, do porco ou de calquera outro animal. OBS: Emprégase tamén en plural.
-
-
Estómago dos animais.
-
Estómago das persoas.
-
-
Cabeza do polbo.
-
Alga parda que presenta, na lámina ou no ápice da mesma, vexigas ou engrosamentos moi patentes e que pertencen, polo xeral, aos xéneros Ascophyllum, Fucus e Pelvetia. Nas do xénero Ascophyllum, estes engrosamentos corresponden a aerocistes de gran tamaño; e nas dos xéneros Fucus e Pelvetia, aos receptáculos sexuais, que son estruturas enchidas de mucilaxe, de forma alongada, oval ou esférica, e finamente punteadas polos conceptáculos, que expulsan os gametos ao medio.
-
Chourizos ceboleiros compostos por manteiga de porco, cebolas, pulmóns picados, corazón, anacos de carne e sangue. OBS: Este uso é propio da comarca da Terra de Lemos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
boche.
-
VER O DETALLE DO TERMO
1bocha.
-
FILOSOFOS
Filósofo polaco nacionalizado suízo. Ingresou na orde dos dominicanos en 1927. É profesor na Universidade de Friburgo dende 1945. Centrou as súas reflexións sobre a Crítica lóxica, a Lóxica antiga e a Filosofía soviética; ademais, traballou no eido da Semántica. Algunhas das súas obras son Europäische Philosophie der Gegenwart (A filosofía europea actual, 1947), La logique de Théophraste (A lóxica de Teofrasto, 1947), Der sowjetische-russische dialektische Materialismus (O materialismo dialéctico soviético, 1950), Formale Logik (Lóxica formal, 1956), Marxismus-Leninismus (Marxismo-leninismo, 1973) e Wast ist Autorität? Einführung in die Logik der Autorität (Que é a autoridade? Introdución á lóxica da autoridade, 1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe mitolóxico dos chibchas (pobo amerindio de Colombia), era protector benéfico dos homes. Atribuíanlle a creación da civilización e das artes.
-
-
boche.
-
Mazá asada. En Coiro, Cangas do Morrazo, celébrase desde 1990 o domingo anterior ao seis de agosto a Festa do Bocho, na que se pode degustar este manxar.
-
-
CIDADES
Cidade do land do Rin do norte de Westfalia, Alemaña, situada á beira do Aa, na fronteira cos Países Baixos (68.600 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aire moi quente e abafante, xeralmente acompañado de depresión atmosférica.
-
Sensación de calor intensa e sufocante.
-