2 bocha

2 bocha

(<éusc botxe ‘bóla’)

  1. s f [XOGO]

    Cada unha das bólas de madeira ou de metal con que se xoga ás bochas.

    Ex: Deixei a bocha grande moi acaroadiña á pequena.

  2. xogo de bochas [XOGO]

    Xogo practicado entre dous equipos, dun a catro participantes, con bólas de madeira ou metal. O xogador que tira debe procurar que a bóla, rodando, se sitúe o máis próxima posible da boliña de referencia, tirada previamente. Gaña o que achega máis a súa bóla á pequena. OBS: O o desta palabra é pechado [o].

Formas incorrectas

bróchega

Palabras veciñas

bocexar | bocexo | 1 bocha | 2 bocha | boche | bocheca | bóchega