2 bocha
2 bocha
(<éusc botxe ‘bóla’)
-
s
f
[XOGO]
Cada unha das bólas de madeira ou de metal con que se xoga ás bochas.
Ex: Deixei a bocha grande moi acaroadiña á pequena.
-
xogo de bochas
[XOGO]
Xogo practicado entre dous equipos, dun a catro participantes, con bólas de madeira ou metal. O xogador que tira debe procurar que a bóla, rodando, se sitúe o máis próxima posible da boliña de referencia, tirada previamente. Gaña o que achega máis a súa bóla á pequena. OBS: O o desta palabra é pechado [o].