1 bocha

1 bocha

(

  1. s f [PAT]

    Lesión cutánea de carácter leve que se forma na pel por efecto dun rozamento continuado, dun golpe ou dunha queimadura; a epiderme elévase, formando unha bolsa con líquido no interior.

    Ex: Din que as bochas que me saíron na pel son do aire que me botou unha píntega.

    Sinónimos: ampola, bóchega, vexiga, vincha, vinchoca. Confrontacións: carapola.
  2. s f

    Burbulla na superficie da auga ou doutro líquido. OBS: O o desta palabra é aberto [ɔ].

    Ex: Fíxate a cantidade de bochas que se forman na cachoeira dese río!.

    Sinónimos: burbulla, gurgulla.

Formas incorrectas

bróchega

Palabras veciñas

bocexador -ra | bocexar | bocexo | 1 bocha | 2 bocha | boche | bocheca