boche
-
s
m
Pulmón da vaca, do porco ou de calquera outro animal. OBS: Emprégase tamén en plural.
Ex: Non me botes boches na comida porque non me gustan moito.
Sinónimos: bocho, bofe, bucho. - s m
-
s
m
Cabeza do polbo.
-
s
m
[PROTISTA]
Alga parda que presenta, na lámina ou no ápice da mesma, vexigas ou engrosamentos moi patentes e que pertencen, polo xeral, aos xéneros Ascophyllum, Fucus e Pelvetia. Nas do xénero Ascophyllum, estes engrosamentos corresponden a aerocistes de gran tamaño; e nas dos xéneros Fucus e Pelvetia, aos receptáculos sexuais, que son estruturas enchidas de mucilaxe, de forma alongada, oval ou esférica, e finamente punteadas polos conceptáculos, que expulsan os gametos ao medio.
Sinónimos: bocho, botella, bucho. -
s
m pl
[ALIM]
Chourizos ceboleiros compostos por manteiga de porco, cebolas, pulmóns picados, corazón, anacos de carne e sangue. OBS: Este uso é propio da comarca da Terra de Lemos.
Confrontacións: androlla.