calleiro

calleiro

(< callo)

  1. s m [ANAT]

    Estómago dun animal, especialmente do porco ou da vaca.

    Sinónimos: bandullo, boche.
  2. s m [ANAT]

    Cuarto compartimento do estómago dos ruminantes, onde se retoma a dixestión química iniciada no primeiro compartimento, o rume, e interrompida polo proceso de rumiado. A diferenza é que no calleiro a dixestión faise grazas a zumes segregados polas mesmas paredes do estómago (sobre todo pepsina) e non por bacterias simbióticas.

    Confrontacións: bandullo.
  3. s m

    Substancia empregada para callar o leite.

    Sinónimos: callo, presoiro.
  4. s m

    Recipiente empregado para callar o leite destinado a facer manteiga.

  5. s m [PAT]

    Denominación que recibían certas doenzas do estómago como a úlcera gástrica, a hiperclorhidria e outras.

Frases feitas

  • Mal do calleiro. Insolación.

  • Ter calleiro. Ter valor.