bucho

bucho
  1. s m

    Pulmón dos animais, particularmente o da vaca e o do porco.

    Ex: O bucho é unha carne moi branda.

    Sinónimos: boche, bocho, bofe.
  2. s m
    1. Estómago dos animais.

      Ex: Os callos fanse co bucho.

      Sinónimos: boche, bocho.
    2. Estómago das persoas.

      Ex: O día da festa énchese o bucho con tanta comida que logo non apetece facer nada.

      Sinónimos: bandullo.
  3. s m

    Alga mariña de cor marrón e bochas nas súas láminas.

    Ex: No inverno as praias están cheas de buchos.

    Sinónimos: boche, bocho, botella.