Büchner, Ludwig
Büchner, Ludwig
Científico e pensador alemán. A publicación do seu libro Kragt und Stoff (Forza e materia, 1855), considerado o expoñente característico do monismo materialista, obrigouno a renunciar ao seu cargo de profesor en Tübingen e pasou a exercer a medicina en Darmstadt. Outras obras súas son Aus Natur und Wissenschaft (Da natureza e da ciencia,1862), Das Künftige Leben und die Moderne Wissenschaft (A vida futura e a ciencia moderna, 1889) e Gott und die Wissenschaft (Deus e a ciencia, 1897).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Darmstadt, Hessen -
Deceso