Bochénsky, Józef
Bochénsky, Józef
Filósofo polaco nacionalizado suízo. Ingresou na orde dos dominicanos en 1927. É profesor na Universidade de Friburgo dende 1945. Centrou as súas reflexións sobre a Crítica lóxica, a Lóxica antiga e a Filosofía soviética; ademais, traballou no eido da Semántica. Algunhas das súas obras son Europäische Philosophie der Gegenwart (A filosofía europea actual, 1947), La logique de Théophraste (A lóxica de Teofrasto, 1947), Der sowjetische-russische dialektische Materialismus (O materialismo dialéctico soviético, 1950), Formale Logik (Lóxica formal, 1956), Marxismus-Leninismus (Marxismo-leninismo, 1973) e Wast ist Autorität? Einführung in die Logik der Autorität (Que é a autoridade? Introdución á lóxica da autoridade, 1974).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Czuszów