androlla

androlla
  1. s f [ALIM]

    Tripa gorda do porco coa que se fan as morcillas. OBS: A diferenza entre a androlla e o botelo está en que no botelo se utiliza o bandullo para o recheo, e na androlla a tripa gorda.

  2. s f [ALIM]

    Embutido feito coa tripa gorda do porco que leva ósos, costela e carne picada e adubada con pemento, allo e loureiro. A androlla máis popular en Galicia é a de Viana do Bolo, onde recibe este nome a tripa máis gorda, correspondente ao cego, chea de costela de porco ben picada, adubada e curada ao fume. É unha comida típica dos días de Entroido na Galicia interior. O Concello de Viana do Bolo creou en 1970 a Festa da Androlla, de carácter gastronómico, que se celebra o domingo de Entroido.

Frases feitas

  • Comerlle a un as androllas. Acabarlle coa comida.

Palabras veciñas

andrólatra | androlatría | androlia | androlla | andrólogo -ga | androloxía | Andrómaca