Andrómaca
Andrómaca
Personaxe mitolóxico feminino que aparece representado a miúdo na literatura grega clásica. Muller de Héctor, defensor de Troia, tivo un fillo deste, Astíanax. Na Ilíada está representada como unha tenra personificación da nai e muller. En Os troianos é liberada como escrava do fillo de Aquiles. Na traxedia Andrómaca, de Eurípides, Hermíone tenta matala, así como ao seu propio home. Racine inspirouse nela para escribir unha traxedia do mesmo nome (1667), pero que varía o esquema de Eurípides.