Andrómeda
Andrómeda
Heroína da mitoloxía grega. Filla de Cefeo e de Casiopea, que a xulgou máis bela ca as nereidas. Por orde de Poseidón, enfadado, foi abandonada sobre unha rocha para que a devorase un monstro mariño. Perseo salvouna e casou con ela.