Andrómeda, galaxia de

Andrómeda, galaxia de
Nome científico: [ou nebulosa de Andrómeda]
[ASTRON]

Unha das galaxias máis próxima á nosa. Situada na constelación de Andrómeda, é visible sen telescopio e ocupa unha zona duns 80 por 250 minutos de arco. Foi estudada no s X polo astrónomo árabe al-Sūfī. Simon Marius observouna a través do telescopio en 1612 e Messier clasificouna (M31). Tamén se coñece polas siglas NGC 244. Andrómeda atópase a unha distancia de 2,18 millóns de anos luz, ten un diámetro de 163.000 anos luz e contén ao redor de 200.000 millóns de estrelas, cunha masa total de 3x1011 masas solares, aproximadamente dúas veces a masa da Vía Láctea.

Palabras veciñas

andromanía | Andrómeda | Andrómeda | Andrómeda, galaxia de | Andromédidos, os | andrómena | Andrómena