"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Empresa constituída en 1973, con capital maioritario do antigo Instituto Nacional de Industria (INI). Fusionouse con Ercros en 1989, polo que se creou a filial Fesa-Enfersa, que en 1992 declarou suspensión de pagos por problemas de liquidez. En marzo de 1995 Villar Mir, a través de empresa inmobiliaria Espacio, comprou Fesa, co que naceu a continuación Fertiberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ao viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modo de polinización na que interveñen os insectos como vectores da polinización. As plantas que presentan esta estratexia posúen aparatos de reclamo baseados tanto nas cores -que serven para sinalar a situación da flor-, como nos olores -que poden ser aromáticos, para atraer insectos que se alimentan de zumes, ou pestilentes destinados a insectos necrófagos-. Tamén teñen dispositivos mecánicos -como a disposición dos órganos produtores de néctar ou forma e adherencia do pole-, para facilitar a colocación deste pole sobre os insectos que visitan as flores e que o desprazarse a outra flor da mesma especie permite a polinización. Tamén se denomina entomogamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter un asunto en algo máis complicado e difícil de entender ou de resolver do que era nun principio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sardeña (1239-1249), fillo ilexítimo do Emperador Federico II Hohenstaufen. Enviado a Sardeña polo seu pai (1238), casou con Adelasia de Torres, raíña de dous dos catro reinos da illa (1239). Lugartenente dos exércitos do seu pai, conquistou Ferrara e venceu a flota dos güelfos en Montecristo (1241), onde capturou os bispos contrarios ao seu pai que se dirixían ao Concilio de Letrán. Trala sublevación de Italia, sufriu unha derrota en Fossalta fronte aos boloñeses (26.5.1249) e foi capturado. Permaneceu prisioneiro na corte de Boloña ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia no sangue dun exceso de leucocitos eosinófilos, cando é maior ao 5% ou cando o número absoluto de eosinófilos no sangue é superior a 600 por mm3. Unha eosinofilia moderada dáse nas enfermidades alérxicas, en enfermidades da pel, nas parasitoses intestinais, en enfermidades autoinmunes, entre outras. Na triquinose, na ascariase, na síndrome hipereosinofílica e na leucemia por eosinófilos prodúcense eosinofilias moi importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á eosinofilia.

    2. Termo xenérico que se emprega para indicar un conxunto de procesos morbosos, causados pola acumulación excesiva de eosinófilos en diversos órganos, que cursan, ademais, con eosinofilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación do epicóndilo. É unha lesión frecuente nos mineiros e nos xogadores de tenis, que orixina unha afección coñecida como cóbado de tenista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor grego. Activo en Atenas, decorou vasos de pintura vermella arcaica con motivos moi variados, entre os que destacan os efebos, as mulleres no baño e os temas báquicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa de auga que se localiza na parte superior dun lago e que ten unha temperatura variable segundo as condicións do exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que vive directamente sobre a superficie de pedras ou rochas, como é o caso de moitos liques.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de equilibrar.

    2. Que ten ou está en equilibrio.

    3. Que posúe equilibrio psíquico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen garda ou mantén o equilibrio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de equilibrar ou equilibrarse.

    2. Acción e efecto de anular nun corpo, como unha roda ou unha hélice, ou nun mecanismo, como un motor ou unha máquina rotatoria, a resultante das forzas centrífugas (equilibramento estático) e o seu momento resultante respecto ao eixe de rotación (equilibramento dinámico) para evitar que se produzan vibracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algo en equilibrio.

    2. Efectuar un equilibramento.

    3. Estar algo equilibrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estado dun sistema en que este non pode experimentar ningún cambio de forma espontánea.

      2. equilibrio dinámico

        Estado dun corpo cando a resultante das forzas externas que actúan sobre el se contrarresta coas forzas de inercia.

      3. equilibrio electrostático

        Estado dun corpo condutor en que o campo eléctrico é nulo en todos os puntos do seu interior. As cargas eléctricas libres distribúense pola superficie.

      4. equilibrio estático

        Estado dun corpo sometido a un sistema de forzas que cumpren os principios da estática. Pode ser estable, se ao separar o corpo da posición inicial o sistema de forzas ao que está sometido o devolve á posición primitiva; inestable, se o corpo non recupera a posición inicial senón que pasa a outra posición de equilibrio máis estable; e indiferente, se o corpo queda en equilibrio en calquera posición. No equilibrio estable, o centro de gravidade do corpo queda por debaixo do punto de suspensión da base de sustentación, no inestable queda por enriba e no indiferente coinciden. Hai outro tipo de equilibrio, o metastable, que se produce cando o estado de equilibrio é estable para pequenas accións exteriores, pero que se volve inestable cando estas accións exteriores son suficientemente grandes.

      5. equilibrio radioactivo

        Estado dun corpo radioactivo que se desintegra emitindo átomos radioactivos, de maneira que o número de átomos emitidos coincide co número de átomos que se volven desintegrar.

      6. equilibrio termodinámico

        Estado dun corpo ou sistema termodinámico en que as variables termodinámicas de estado, como a presión ou a temperatura, teñen o mesmo valor en todos os puntos do sistema. O criterio fundamental do equilibrio termodinámico nun sistema, o volume e enerxía constantes, é o da entropía total máxima. O movemento dun sistema cara ao equilibrio componse de dúas partes: o acadamento da posición de enerxía mínima e, despois, o da posición de entropía máxima.

    1. Posición vertical dun corpo.

      1. Proporción ou relación axeitada entre cousas sen que ningunha destaque das demais.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da arte circense que consiste en manter en equilibrio diversos obxectos ou o propio corpo, normalmente en situacións anómalas ou de inestabilidade complexa. Cómpre destacar o equilibrio corporal con obxectos, como no caso do uso de zancos, recurso moi empregado no teatro de rúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acróbata especializado en exercicios de equilibrio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de eréctil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Mestre de capela de Rudolstadt, estivo moi influído por Jean-Baptiste Lully. Musicou salmos e compuxo cantatas e motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO