entomofilia
entomofilia
(< entomo- + -filia)
s
f
[ECOL]
Modo de polinización na que interveñen os insectos como vectores da polinización. As plantas que presentan esta estratexia posúen aparatos de reclamo baseados tanto nas cores -que serven para sinalar a situación da flor-, como nos olores -que poden ser aromáticos, para atraer insectos que se alimentan de zumes, ou pestilentes destinados a insectos necrófagos-. Tamén teñen dispositivos mecánicos -como a disposición dos órganos produtores de néctar ou forma e adherencia do pole-, para facilitar a colocación deste pole sobre os insectos que visitan as flores e que o desprazarse a outra flor da mesma especie permite a polinización. Tamén se denomina entomogamia.