"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fachal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: fachal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escarpa de falla do L dos EE UU, no contaco entre os Apalaches e a chaira litoral atlántica.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. De ideoloxía liberal, foi o único redactor do bisemanario El Heráclito Español y Demócrito Gallego, que saíu á rúa o 21 de abril de 1820, e colaborou na Gaceta Marcial y Política e no Diario Cívico-Patriótico. Cun estilo satírico e directo, nos seus escritos arremeteu contra a Igrexa, xuíces e institucións políticas. Da súa produción destaca a peza teatral A casamenteira (1849) e as tres composicións incluídas baixo o título Villancico que en la Nochebuena del año 1812 cantaron los presos de la cárcel pública de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen presume do que non ten ou do que non é.
-
-
Relativo ou pertencente á fariña.
-
Que contén moita fariña.
-
Persoa que se dedica á fabricación ou ao comercio de fariña.
-
farnelo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carlo Broschi.
-
PERSOEIRO
Erudito e hispanista italiano. Foi profesor da Universidade de Innsbruck e catedrático de Literatura Alemana na de Turín (1907). Da súa produción destaca Die Beziehungen zwischen Spanien und Deutschland in der Literatur (As relacións entre España e Alemaña na literatura, 1892), Dante, Petrarca, Boccaccio in Spagna (Dante, Petrarca e Boccaccio en España, 1905-1906), Il romanticismo nel mondo latino (O romanticismo no mundo latino, 1927) e Italia e Spagna (Italia e España, 1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
fariñudo.
-
farnelo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da farmacoloxía que estudia o paso dos fármacos polo organismo. Estudia as vías de introdución do fármaco dentro do organismo, o seu repartimento no medio interno, a súa distribución polos tecidos e órganos do corpo, e o tempo que o composto permanece no organismo, como tamén a acción de certos procesos vitais sobre a molécula do fármaco e os metabolitos resultantes, e as súas vías de excreción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á farmacocinética.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e director de escena alemán. En 1967 incorporouse ao Aktionstheatre, un grupo teatral de vangarda para o que dirixiu Leoncio e Lena. Como dramaturgo cómpre salientar a obra Bremen Freiheit (Liberdade Brenana, 1971), presentada en galego en 1989 polo Teatro do Atlántico, con dirección de Xulio Lago. En 1969 iniciou a súa produción cinematográfica, na que destacan títulos como Götter der Pest (Os deuses da peste, 1969), Die Bitteren Tränen der Petra Von Kant (As amargas bágoas de Petra von Kant, 1972), Satansbraten (O asado de Satán, 1976), Lili Marleen (1980), Lola (1981) ou Querelle (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse en París con R. A. Houasse e en 1695 obtivo o Prix de Rome que lle permitiu residir en Italia durante cinco anos. Viviu en España, onde copiou as obras das coleccións reais. En 1704 ingresou na Académie Royale de Peinture et de Sculpture coa obra España ofrecéndolle a coroa ao duque de Anjou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico francés. Foi profesor na École de Médicine de París e na Faculté des Sciences de Marsella (1854). Membro da Académie Française des Sciences (1863), que lle outorgou o premio Jecker (1869) e Lacaze (1875). Débenselle importantes traballos científicos, entre outros, a invención, xunto con J. Th. Silbermann, do calorímetro que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa encargada do servizo de limpeza nos cuarteis.
-
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro. Trasladouse a Pontevedra en 1886 para facer o estudo dun porto entre Pontevedra e Marín. Apadriñado polo marqués de Riestra e o marqués de la Vega, representou o distrito de Redondela entre 1893 e 1910. No goberno presidido polo marqués de la Vega, nomeouno ministro de Fomento (4.12.1906-25.01.1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como María de Felipe, licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (1980) e en Belas Artes, na especialidade de pintura, en Barcelona (1985). A súa obra caracterizouse pola pincelada solta e polo protagonismo da pintura, deixando o motivo do lenzo nun segundo plano. Colaborou como ilustradora na revista Festa da palabra silenciada (1987) e no libro Palabra de muller (1992). Realizou exposicións individuais e participou, entre outras colectivas, na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1982) e na II Bienal de Artistas Galegas (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
feminino.
-
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia da Arte, foi catedrático na Escola Universitaria de Maxisterio da Universidade de Santiago de Compostela e dende 2000 profesor de arte na facultade de Xeografía e Historia. As súas investigacións céntranse no estudo da pintura galega dos ss XVIII e XIX e da arquitectura galega contemporánea. Pertenceu ao equipo de investigación “A actividade artística dos mosteiros beneditinos galegos” (2000-2002) e dende 1977 ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Foi membro da comisión asesora do Parlamento de Galicia para a adquisición de obras de arte (1994-1996) e do consello de redación da revista Adaxe. Colaborou en Arte galega. Estado da cuestion (1990), Gallaecia Fulget: (1495-1995): cinco séculos de historia universitaria (1995), Artistas galegos pintores (ata o romanticismo) (1999) e San Miguel dos Agros (2001). Escribiu Un Siglo de pintura gallega: 1750-1850 (1991) e, con X. M. López Vázquez, Gregorio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora e mestra. Realizou estudios de maxisterio na Coruña e licenciouse en Filosofía e Letras na especialidade de Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora da revista Vagalume, redactou xunto con Xoán Babarro, algúns dos primeiros textos empregados para o galego no ensino (O raposo pillabán, 1978; Lúa nova 3, 1981 e O noso galego 1 e 2, 1982 e 1983). Da súa produción destaca Os amigos do cabaceiro (I Premio O Facho de Contos 1977), O Rei Bandullán (1981), O pirata da Illa de Prata (1987), Pola rúa dos versos (1990), O cacarabicolé (1997), A longa viaxe de Carambeliña Polar (1998), Contos da selva de Longorongón (1998). En colaboración con X. Babarro editou Primeiro libro con Malola (Premio O Barco de Vapor 1985), Tres países encantados (1986), Barrigaverde e o dragón Achís (Premio O Barco de Vapor 1990), A chamada das tres...
VER O DETALLE DO TERMO