Fernandez Castiñeiras, Enrique

Fernandez Castiñeiras, Enrique

Historiador. Doutor en Historia da Arte, foi catedrático na Escola Universitaria de Maxisterio da Universidade de Santiago de Compostela e dende 2000 profesor de arte na facultade de Xeografía e Historia. As súas investigacións céntranse no estudo da pintura galega dos ss XVIII e XIX e da arquitectura galega contemporánea. Pertenceu ao equipo de investigación “A actividade artística dos mosteiros beneditinos galegos” (2000-2002) e dende 1977 ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Foi membro da comisión asesora do Parlamento de Galicia para a adquisición de obras de arte (1994-1996) e do consello de redación da revista Adaxe. Colaborou en Arte galega. Estado da cuestion (1990), Gallaecia Fulget: (1495-1995): cinco séculos de historia universitaria (1995), Artistas galegos pintores (ata o romanticismo) (1999) e San Miguel dos Agros (2001). Escribiu Un Siglo de pintura gallega: 1750-1850 (1991) e, con X. M. López Vázquez, Gregorio Ferro, pintor de Boqueixón: vida y obra (2002).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela