"Martin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
ILLAS
Illa que forma parte do arquipélago das Illas Cíes. Está separada da illa do Faro polo estreito de Freu da Porta. A costa que se abre ao mar aberto é máis abrupta e ten cantís e cafurnas mentres que a que se abre a ría de Vigo ten un perfil moito máis suave que permite a formación de praias. A súa máxima altitude atópase no monte Pereira, que acada os 172 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado na illa de San Martiño ou do Sur no arquipélago das Illas Cíes. A súa orixe relaciónase co mosteiro de Santa María de Oia. Documéntase en 1228 cando o Rei Afonso IX doou a illa ao mestre Pedro que vivía nela con outros ermitáns. Consérvase un pequeno pavillón.
-
GALICIA
Escultor. Comezou a súa formación como carpinteiro e estudou debuxo ata que ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. En 1859 regresou a Santiago de Compostela onde foi profesor de debuxo na Real Sociedad Económica Amigos del País e en 1888 profesor de modelaxe e baleirado da Escola de Artes e Oficios. Foi escultor anatómico da facultade de Medicina e realizou dúas viaxes de formación a Roma (1864-1865; 1871-1872). A súa obra encádrase na ruptura co neoclasicismo e na busca do realismo. Destacan, entre outras, a estatua do padre Feijoo (1858); os medallóns de Maximino Teijeiro e a súa dona da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago; a Santa Cea do convento de San Francisco; os monumentos a Méndez Núñez da alameda compostelá, Filipe de Castro en Noia e os tres a Cristovo Colón para o ministerio de Ultramar, do que se conserva unha copia en Pontevedra; o Senado e o Arsenal de Cartagena; e as imaxes de San Francisco de Sales e San Vicente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao consello de administración do Banco Pastor. Deputado no Congreso por UCD (1979-1982), foi conselleiro de Interior e Administración Local (1978-1982) e un dos asinantes, como representante do UCD, do Pacto do Hostal (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filóloga. Doutora en Filoloxía Galego-portuguesa (2001), é profesora titular desta especialidade na Universidade da Coruña desde 2003, membro do consello de redacción da Revista Galega de Filoloxía e da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, e directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (2004). Publicou O teatro de Xan da Cova (La Galiciana e María Pita) (2002), Lendo nas marxes. Lingua e compromiso nos paratextos (1863-1936) (2002), Os (pre)textos galegos (1863-1936) (2002) e, en colaboración, A lingua literaria galega no século XIX (2005). Tamén editou, xunto con Manuel Ferreiro, A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera (2002), de Ramón Cabanillas. Recibiu, en colaboración, o XVIII Premio Ánxel Fole polo traballo “Nicomedes Pastor Díaz. Unha existencia exemplar”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante. Coñecido como Suso Sanmartín, licenciouse en Belas Artes pola Universidad de Salamanca. Creador de historias cargadas de ironía, o seu estilo achégase á caricatura. Colaborador do semanario A Nosa Terra e da revista de humor Xo!, Tempos Novos e Novas da Galiza, participou no álbum colectivo H2Oil coa historia “Lapamán”. Gañador do III Concurso Galego para Caricaturistas Noveis (1996) e do XV Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude’99 (1999), recibiu o Premio Ourense ao mellor autor novel (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xesús Sanmartín Xuncal.
-
-
Peixe teleósteo, que apenas acada os 50 cm. Presenta forma de disco cunha grande aleta dorsal de radios afastados e espiñentos, cunha mancha escura, orlada en amarelo por detrás das gaias e por debaixo da liña lateral que se ve curvada. É gris verdoso, con reflexos prateados. Xeralmente, vive solitario en fondos pouco profundos. OBS: Tamén se denomina peixe de san Martiño.
-
Peixe teleósteo, que apenas acada os 30 cm. Presenta forma de disco, coa cara prolongada, e amosa o perfil da cabeza cóncavo, cunha grande aleta dorsal de radios afastados e espiñentos e a liña lateral curvada. Ten reflexos prateados. Xeralmente, vive solitario en fondos pouco profundos. OBS: Tamén se denomina peixe de san Martiño prateado.
-
Peixe teleósteo, que apenas acada os 30 cm. Presenta forma de disco, ten sobre os ollos unha ponte ósea con pequenas serraduras, unha grande aleta dorsal de radios afastados e espiñentos e a liña lateral curvada. Presenta os costados rosados ou avermellados. Xeralmente, vive solitario en fondos pouco profundos. OBS: Tamén se denomina peixe de san Martiño rosado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de exploración que se fai mediante a diagnose dos procesos abdominais agudos. Cunha man pálpase a parede abdominal, mentres que coa outra efectúase a dilatación forzada do ano. Nos casos de peritonite, a dor e a contractura abdominal non se modifican.
-
PERSOEIRO
Tenista. Foi campión de España en diversas ocasións e gañou os torneos Conde de Godó (1962 e 1970), Roland Garros (1961 e 1964), Forrest Hills (1965) e Wimbledon (1966). Durante 14 anos formou parte do equipo español da Copa Davis, co que chegou á final en dúas ocasións (1965 e 1967), e que capitaneou entre 1980 e 1985 e en 1995. En 1965 foi proclamado mellor tenista amateur do mundo. Retirouse en 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violinista e compositor. Estudou con D. Alard en París e actuou por Europa e América. Das súas obras destacan Aires bohemios (1863), Danzas españolas (1878), Muiñeira op.13 (1885), Jota de San Fermín (1894) e Zortzico (1898). Recibiu o primeiro premio do Conservatoire de París (1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Joseph García Balboa.
-
PERSOEIRO
Pintor alemán. Membro da escola suaba, foi un dos introdutores do Renacemento en Alemaña. Realizou o retablo da catedral de Ulm (1521) e diversos retratos con influencia de Cranach, como o do Conde Wolfgang de Oettingen (1508) e o de Eitel Besserer I (1533).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador alemán. Documentado ata 1491, formouse como axudante de pintor en diversos países e estivo influído por R. van der Weyden. Atribúeselle A Virxe da roseira (1473) e as pinturas murais do Xuízo Final na igrexa de Sankt Stephan en Breisach, con asimilación das fórmulas flamengas con matices italianos. Realizou gravados sobre coiro e madeira, como Santo Antón atormentado polos espíritos malignos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrofísico estadounidense de orixe alemá, fillo de Karl Schwarzschild. Marchou a EE UU, a Harvard, e despois foi profesor en Columbia e en Princeton. Ocupou o cargo de presidente de American Astronomical Society (1970-1972). Interesou pola colocación de observatorios astronómicos fóra da atmosfera, dentro dos satélites.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Considerado un dos máis prestixiosos directores de cine, dos seus filmes destacan Who’s that Knocking at My Door? (1968), Mean Streets (1973), Taxi-Driver (1976), New-York, New-York (1977), Raging Bull (1980), After Hours (1986), The Age of Innocence (1993), Casino (1995), Gangs of New York (2002) e The Aviator (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Canteiro de profesión e militante da UGT desde 1907, dirixiu o periódico Lucha Social (1919). En 1921 integrouse no Partido Comunista de España e, baixo a súa presidencia, a Sociedad de Canteros integrouse na CNT. Na Segunda República colaborou en Mundo Obrero e Bolchevismo, e durante a Guerra Civil Española foi secretario xeral do Instituto de Reforma Agraria. Ao termo da contenda, logo de pasar por un campo de concentración francés, o PCE enviouno como organizador e propagandista á República Dominicana, Colombia e Venezuela. Escribiu La revolución popular en el campo: colectividades agrícolas (1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Manipulador de monicreques. Coñecido como Xosé o dos Monecos e Traga Estopa, foi o creador do teatro ambulante Melodías de España, co que popularizou por toda Galicia o personaxe Barriga Verde. Destacado acróbata de circo, co tempo estableceu a súa propia compañía. Pódese considerar o fundador do teatro popular galego dos monicreques. Constituíu unha das atraccións características das festas celebradas na Praza de María Pita na Coruña, no San Froilán de Lugo, nas da Peregrina de Pontevedra, nas do Corpus de Ourense e nas festas da Ascensión en Santiago de Compostela. Retirouse en 1964.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilagarcía de Arousa. De estilo románico, foi construída durante o s XII e pertenceu a un antigo mosteiro homónimo que desde o s XV se transformou en pazo. O templo ten planta rectangular de nave única e ábsida semicircular, unida ao presbiterio. Destaca a fachada principal con dous contrafortes; sobre a portada, que enmarca o tímpano liso con varias arquivoltas, destacan dous corpos abertos cunha fiestra -que dá ao coro- enmarcada por unha triploa arquivolta, un rosetón na parte superior e unha torre campanario no lateral. Exteriormente decorouse todo o contorno con pequenos aleróns sostidos por ménsulas e canzorros. Tamén destaca a decoración zoomórfica e vexetal dos capiteis e os motivos axadrezados das columnas da portada principal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte alemán. Formouse en Madrid e en EE UU, onde foi catedrático na University of Michigan. Publicou numerosos traballos sobre pintura española desde o s XVI a Goya. Destacan The Paintings of Zurbarán (1953), La pintura española del siglo XVI en Sudamérica (1956) e, con G.A. Kubler, Art and Architecture in Spain & Portugal and Their American Dominions 1500-1800 (1959).
VER O DETALLE DO TERMO