sanmartiño

sanmartiño

(< antropónimo san Martiño)

  1. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe teleósteo, que apenas acada os 50 cm. Presenta forma de disco cunha grande aleta dorsal de radios afastados e espiñentos, cunha mancha escura, orlada en amarelo por detrás das gaias e por debaixo da liña lateral que se ve curvada. É gris verdoso, con reflexos prateados. Xeralmente, vive solitario en fondos pouco profundos. OBS: Tamén se denomina peixe de san Martiño.

  2. sanmartiño prateado [ANIMAL/ICT]

    Peixe teleósteo, que apenas acada os 30 cm. Presenta forma de disco, coa cara prolongada, e amosa o perfil da cabeza cóncavo, cunha grande aleta dorsal de radios afastados e espiñentos e a liña lateral curvada. Ten reflexos prateados. Xeralmente, vive solitario en fondos pouco profundos. OBS: Tamén se denomina peixe de san Martiño prateado.

  3. sanmartiño rosado [ANIMAL/ICT]

    Peixe teleósteo, que apenas acada os 30 cm. Presenta forma de disco, ten sobre os ollos unha ponte ósea con pequenas serraduras, unha grande aleta dorsal de radios afastados e espiñentos e a liña lateral curvada. Presenta os costados rosados ou avermellados. Xeralmente, vive solitario en fondos pouco profundos. OBS: Tamén se denomina peixe de san Martiño rosado.