"PAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 751.
-
PERSOEIRO
Historiador. Fundador da etruscoloxía moderna, foi o artífice dunha prestixiosa escola de arqueoloxía e protohistoria na Universidade de Roma. Escribiu Etruscologia (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Construción de planta redonda da arquitectura popular galega con presenza ao longo das distintas etapas históricas. É unha das vivendas máis primitivas do NO da Península, que aínda pervive nalgúns lugares das serras luguesas. Este primitivismo maniféstase ao se constituír nunha unidade en que se integra a vivenda, corte, forno e almacén. A súa orixe non se coñece con precisión e moitos autores identifícana coas casoupas redondas das vivendas castrexas, con paralelismo no aparello dos muros, nos escasos ocos e na cuberta vexetal. Aséntase en terras montañosas, de topografía abrupta e climatoloxía moi adversa, e localízase en asentamentos situados a media ladeira e de terras aptas para o cultivo. A evolución da primitiva casa de planta circular deu orixe aos seguintes modelos espaciais: a palloza de planta oval, a máis numerosa, a de planta elíptica, a elíptica truncada polos extremos, en forma de barril, e a de planta rectangular redondeada, semellante á primitiva casa térrea. A construción...
-
Edificación con teito de palla.
-
-
-
Palla mesturada con herba, especialmente a miúda que queda na leira despois da sega.
-
Mestura de cousas que valen pouco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palla ou herba desfeita coa que se estran as cortes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presa de palla seca ou doutro material á que se lle prende lume nun extremo para alumear.
-
-
Parte flexora da man, que está comprendida entre os dedos e o pulso.
-
-
Nome que recibía antigamente a familia das arecáceas.
-
palmeira.
-
-
-
Folla de palmeira, moi grande, pinnatisecta ou palmatisecta, e cun pecíolo ou raque robusto.
-
Folla de palmeira considerada como símbolo de triunfo ou martirio. Foi levada por Xesús Cristo e os peregrinos ao entrar en Xerusalén, feito que se lembra coa procesión do domingo de Ramos.
-
Folla de palmeira de cor amarela pola falta de luz, que se leva á igrexa con pólas de oliveira e de loureiro, para a bendición litúrxica do domingo de Ramos.
-
-
Ornamento en forma de folla de palmeira.
-
Acción de bater unha man contra a outra de forma repetida.
-
...
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no Baix Llobregat (2.696 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (1.586 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, co predominio do regadío dedicado principalmente aos cítricos. Conta ademais con industrias de manufactura de peles e a apicultura, que é unha actividade tradicional.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Mallorca e capital das Illes Balears, situado no extremo das abas da serra da Tramuntana (333.801 h [2001]). É sede do Consell Insular de Mallorca e do bispado de Mallorca. O seu núcleo urbano está composto pola cidade antiga, arredor da que se dispuxeron o ensanche e novos núcleos periféricos edificados a partir da década de 1970. A poboación activa dedícase basicamente ás actividades terciarias e secundarias, mentres que o sector primario é minoritario e está adicado aos cultivos herbáceos e ás froiteiras de secaño. A industria relacionada co turismo, como a construción, as industrias do metal, da madeira e alimentarias, está en expansión. É un dos centros turísticos máis destacados do Mediterráneo. Foi un municipio romano fundado por Quinto Cecilio Metelo tras a súa vitoria sobre os habitantes das illas (123-122 a C) e poboado con parte dos colonos romanos de Iberia que o acompañaban. Os vándalos ocupárono tras a morte de Valentiniano III (455) e foi reconquistado polos...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado na marxe esquerda do río Tinto (9.658 h [2001]). É un centro agrícola e comercial que conta con industrias alimentarias. Do seu patrimonio destaca a igrexa parroquial cunha torre de estilo barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado na confluencia do Guadalquivir co Genil (19.072 h [2001]). A base da súa economía é a horticultura, os cultivos de cereais e aceite e a cría de gando bovino. Conta tamén con industria de tecidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jacopo Nigretti.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Valga. Consta de casa principal e varias dependencias, localizadas arredor dun patio. Destaca un escudo nunha das paredes laterais exteriores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mugardos. Coñecido na súa orixe como castelo de Nosa Señora da Palma, foi construído por orde de Martín de Padilla e rematouse cara a 1597. Formou parte das fortificacións militares que se realizaron na ría de Ferrol e na de Ares para evitar os ataques dos inimigos, e empregouse como atalaia de vixilancia ata que no s XVIII se converteu en baluarte defensivo, tras as reformas dos enxeñeiros militares Juan de La Ferriere e Juan Vergel, entre outros. A súa posición na entrada da ría de Ferrol, xunto co castelo de San Filipe na outra beira, condicionou esta finalidade. Sufriu modificacións das armarías e a reconstrución dalgúns arcos, e no s XVIII engadíronselle as garitas. Reconstruído a principios do s XX, o seu último uso foi o de prisión militar. Foi vendido para habilitalo como establecemento hostaleiro. En 1596 foi escenario do combate das tropas inglesas. Destacan as súas troneiras e os contrafortes militares. Foi declarado BIC en 1994.
-
ILLAS
Illa da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situada a 72 km ao N de El Hierro (728 km2; 61.800 h [2001]). A súa capital é Santa Cruz de La Palma. Nela destaca un gran sistema volcánico que ocupa o sector norte da illa e que comprende o amplo cráter de La Caldera de Taburiente, que culmina en Roque de los Muchachos, con 2.426 m de altitude. O clima está condicionado polo relevo, polo que nas vertentes setentrionais as precipitacións son moito máis abundantes ca nas meridionais. A capital da illa é o centro turístico e un importante porto pesqueiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Considerado o autor romántico máis representativo de Perú, a súa obra caracterízase pola presentación de situacións pintorescas tratadas con picardía e sátira. Foi director da Biblioteca Nacional de Lima (1884-1912), da que reconstruíu parte do arquivo, saqueado polos chilenos na guerra. Da súa obra destacan Poesía (1855), Verbos y gerundios (1877), La Bohemia de mi tiempo (1886) e Cachivaches (1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Golpe dado coa palma da man.
-
Ruído que produce o golpe que se dá coas palmas da man.
-
-
-
Aplícase á folla de forma semellante á dunha man aberta.
-
Aplícase á nervadura constituída por varios nervios principais que arrancan radialmente do ápice do pecíolo.
-
-
-
Relativo ou pertencente á palma da man.
-
Aplícase aos músculos maior e menor da palma da man. O músculo palmar maior encóntrase pegado ao supinador longo e ten como función a de ser o flexor principal do pulso. O músculo palmar menor está situado diante do palmar maior e a súa función é a de ser flexor do pulso.
-
-
-
Listaxe dos premiados nun concurso ou dos vencedores dunha competición deportiva.
-
Historial dunha persoa ou equipo que contén os seus galardóns e a súa carreira profesional, principalmente se se refire ao ámbito deportivo.
-