"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

  • PERSOEIRO

    Escritora e xornalista. De nome Nélida Cuíñas Piñón, provén dunha familia de ascendencia galega orixinaria de Carballedo. Interesada polas súas orixes e polo mundo dos celtas, cultiva diversos xéneros como a narrativa, o teatro, a crítica e o ensaio. Formada na facultade de Filosofía da Universidade Católica do Rio de Janeiro, foi catedrática de Literatura Latinoamericana na University of Miami. Da súa obra, que evolucionou desde unha primeira etapa intimista a outra máis ampla, preocupada polos aspectos históricos e sociais, destacan as novelas Guia mapa de Gabriel Arcanjo (1961), Madeira feita cruz (1963), Fundador (1969, Premio Walmap), A casa da Paixão (1973, Premio Mário de Andrade), Tebas do meu coração (1974), A força do destino (1977), A república dos sonhos (1984, Premio Pen Club), traducida ao galego; A doce canção de Caetana (1987, Premio da União Brasileira de Escritores de São Paulo) e Vozes do deserto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • coniferópsido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barbadás baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Carballiño, situado na provincia de Ourense no centro-sur da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 29’ 40” de latitude N e 8° 00’ 30” de lonxitude O. Limita ao N con Dozón, Rodeiro (ambos os dous na comarca de Deza) e San Cristovo de Cea (comarca do Carballiño); ao L e ao S de novo con San Cristovo de Cea; e ao O co Carballiño e O Irixo (ambos os dous da comarca do Carballiño). Abrangue unha superficie de 52,7 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.444 h (2007), distribuída nas parroquias de Barrán, A Canda, Carballeda, Coiras, A Corna, Loeda e Torcela. A súa capital está no lugar de Piñor, na parroquia de Barrán, a 82 km de Santiago de Compostela e a 26 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial do Carballiño.
    Xeografía física
    Situado nos contrafortes do tramo meridional da Dorsal Occidental Galega, na súa metade setentrional, seguindo unha disposición L-O e con altitudes comprendidas entre os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na parroquia de Piñor (Barbadás). Consta de dous edificios de distintas épocas, con dúas alturas diferentes. O máis moderno, de planta rectangular, está inserido no outro. Hai unha capela preto do edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía (13.422 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e nas industrias téxtiles e xaboeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (6.370 h[2001]). A súa economía baséase na explotación de salinas, na industria do calzado e na transformación do coiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ría de Arousa situada na parroquia de San Vicente do Grove (O Grove).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Cela (Lobios). O seu cumio acada os 700 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado no val do Ebro, xunto ao Canal Imperial de Aragón (1.819 h [2001]). Ten agricultura de cereais, forraxeira e de hortalizas, e conta cun polígono industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Brest, Bielorrusia (133.530 h [1999]). É un porto fluvial na desembocadura do Pina e conta con estaleiros, fundicións e industria lixeira do coiro e da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mancha ou marca pequena na pel, pelo ou plumaxe dun animal ou na masa dun mineral.

      2. píntega.

      3. Enfermidade infecciosa da pel debida á bacteria Treponema carateum, que se caracteriza pola aparición dunha pápula non ulcerada no lugar da infección e, despois de 5-18 meses, dunha erupción secundaria eritematosa ou hiperpigmentada.

    1. Aspecto ou aparencia dunha persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga medida de capacidade, empregada nos países anglosaxóns, que equivale en Reino Unido a 0,5681 l e en EE UU a 0,4731 l.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carabela, propiedade de Cristóbal Quintero, que participou na primeira viaxe de Colón (1492), capitaneada por Martín Alonso Pinzón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de pintar nas paredes letreiros ou debuxos, frecuentemente de contido político ou social.

    2. galiña de Guinea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de pintar ou pintarse.

    2. Que ten pintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • limpafontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representar algo mediante liñas ou cores.

      1. Cubrir unha superficie de pintura.

      2. Aplicar produtos cosméticos ou enfeites nunha parte do corpo.

    2. Describir algo mediante a palabra ou por outro medio distinto do debuxo.

    3. Deixar un sinal ou un trazo un lapis ou calquera outro utensilio semellante.

    4. Coller cor os froitos cando comezan a madurar.

    5. Desenvolverse algo dunha determinada maneira, especialmente de xeito favorable.

    6. Aplicarse produtos cosméticos ou enfeites nunha parte do corpo.

    7. Mancharse de pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO