"Pla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

  • Asociación sen ánimo de lucro, con sede en Vilagarcía de Arousa, que naceu en 1994 para loitar contra o narcotráfico e denunciar socialmente a súa problemática. En 1999 creou o Comité de Axuda ao Drogodependente e en 2002 transformouse en Fundación Galega contra o Narcotráfico. As súas liñas de actuación baséanse na prestación de asesoramento e información, no desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización, na realización de foros de debate e xornadas formativas, e na elaboración e divulgación dun cómic para os nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en xullo de 1975, integrada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE), varios partidos socialdemócratas e democristiáns, e algunhas organizacións de extrema esquerda, como a Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e o Movimiento Comunista de España (MCE). Mantivo un diálogo co goberno e tivo grandes dificultades para coordinar criterios e actividades, ata que se uniu en 1976 coa Junta Democrática de España, promovida polo Partido Comunista de España (PCE), e formou a Coordinacion Democrática en marzo de 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coordinación Democrática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos tresquiornítidos, que presenta a plumaxe de cor branca, o peteiro longo e aplanado de cor negra co extremo amarelo, e as patas negras. En Galicia está presente como hibernante o cullereiro común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • tresquiornítido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás platanáceas.

    2. Planta da familia das platanáceas.

    3. Familia de árbores, da orde das hamamelidais, formada por individuos que presentan follas alternas palmadas, flores unisexuais, diminutas e reunidas en inflorescencias globosas, e froitos en núcula. É propia de Eurasia e de América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, acuática, de ata 150 cm de altura, que presenta rizoma groso con brotes, talos ergueitos dos que saen follas longas, flores unisexuais dispostas nunha inflorescencia en glomérulo e froito en aquenio elipsoide. Florece entre xuño e agosto. En Galicia pódese localizar en augas tranquilas e pouco profundas, e nas ribeiras dos lagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos platanístidos.

    2. Cetáceo da familia dos plastanístidos.

    3. Familia de mamíferos cetáceos odontocetos, que presenta o corpo alongado, o rostro fino co cranio comprimido e as aletas peitorais moi longas. Habitan nas desembocaduras de ríos ou en augas doces. Comprende varias especies como as asiáticas Lipotes vexifiller (no río Iang-Tsé) e Platanista gangetica (no río Ganxes); e as americanas Pontoporia blainvillei (no Río de La Plata) e Inia geofrensis (no río Amazonas, é o máis grande dos golfiños de río), entre outras especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. banana.

    2. bananeiro.

    3. Árbore monoica, caducifolia e corpulenta, de ata 40 m de altura, de copa ampla, e cortiza a partir da que se desprenden placas irregulares de ritidoma. Presenta follas palmatilobadas e palmatinervias, flores agrupadas en inflorescencias esféricas, pedunculadas e terminais, e froitos agrupados en infrutescencias globosas. Florece en abril. En Galicia é moi común en parques e paseos e soporta moi ben a polución atmosférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das orquidáceas, que presentan unha raíz tuberosa, un escapo floral con follas ben desenvolvidas, flores de cor branca ou verdosa dispostas en espiga e un esporón cilíndrico. En Galicia está presente na metade N a especie P. bifolia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das platanáceas, que presenta follas alternas, lobuladas e tronco recuberto dunha cortiza que se desprende en placas. As flores son unisexuais e o froito é un aquenio que está envolto por pelos longos na base. Unha das especies máis coñecidas é o plátano de sombra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Zona do teatro romano, destinada aos personaxes importantes, situada na parte inferior semicircular pero formando parte da cávea.

      1. Lugar dun teatro situado á altura do patio de butacas, formado por palcos cunha serie de filas paralelas de cadeiras ou butacas para os espectadores.

      2. Conxunto de espectadores que sentan na platea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Grecia, situada na rexión de Beocia, nos confíns de Ática e ao pé do monte Citerón. Aliada con Atenas na Batalla de Maratón, posteriormente foi atacada polos peloponesos e destruída polos tebanos (427 a C). Filipo de Macedonia permitiu aos seus habitantes que repoboasen a cidade, pero nunca recobrou o esplendor perdido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento entre gregos e persas no transcurso da Segunda Guerra Médica (479 a C). Supuxo a vitoria grega e o abandono persa da Hélade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da República do Congo (38.400 km2; 119.722 h [estim 1992]). A súa capital é Djambala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Nixeria (58.030 km2; 3.671.498 h [estim 1995]). A súa capital é Jos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico belga. Ideou un método estroboscópico para o estudo dos movementos vibratorios e inventou o fenaquistoscopio (1832). Estudou os fenómenos capilares das láminas delgadas e diversos fenómenos ópticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Na súa poesía lírica buscou a perfección formal e atacou frecuentemente o romanticismo. Escribiu Ghaselen (Gacelas, 1821), Sonette aus Venedig (Sonetos Venecianos, 1825), Der romanische Oedipus (O romántico Edipo, 1828), onde atacou a Heine, e Geschichten des Königreichs Neapel (Historias do reino de Nápoles, 1833).

    VER O DETALLE DO TERMO