plátano

plátano
  1. s m [BOT]

    banana.

  2. s m [PLANTA]

    bananeiro.

  3. plátano de paseo/de sombra [PLANTA]

    Árbore monoica, caducifolia e corpulenta, de ata 40 m de altura, de copa ampla, e cortiza a partir da que se desprenden placas irregulares de ritidoma. Presenta follas palmatilobadas e palmatinervias, flores agrupadas en inflorescencias esféricas, pedunculadas e terminais, e froitos agrupados en infrutescencias globosas. Florece en abril. En Galicia é moi común en parques e paseos e soporta moi ben a polución atmosférica.

Palabras veciñas

platanaria | plataneiro -ra | platanístido -da | plátano | Platanthera | Platanus | platea