"RNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 566.
-
GALICIA
Escritor. De tendencia liberal provincialista, colaborou en El Centinela de Galicia, El Eco de Galicia e La Esperanza, onde criticou a corrupción política e as carencias da administración; ademais é considerado o autor das Tertulias de Picaños (1836) e dos Diálogos en la Alameda (1836), tamén de carácter crítico. Participou en diversas actividades da Sociedad Económica de Amigos del País, para a que elaborou con “Memoria sobre los obstáculos que se oponían a los progresos de la Agricultura”. Publicou, ademais de diversas composicións dedicadas á realeza, unha abundante obra poética en castelán que recolleu en Tristes recuerdos del Dr. D. Vicente Turnes Río Maldonado (1834), Último adiós del Dr. D. Vicente de Turnes del Río Maldonado, á su pinar (1851) e a póstuma Composiciones poéticas (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo inglés. Conservador do museo da Oxford University (1883), foi o seu primeiro profesor de antropoloxía (1896) e un dos líderes da escola evolucionista inglesa. Publicou Primitive Culture (1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Profesor nas universidades de Amsterdam (1892) e de Leiden (1899-1926), publicou estudos sobre lingüística indoeuropea (lingua gótica ou sánscrito), sobre o éuscaro (Beiträge zu einer vergleichenden lautlehre der baskischen dialecte, Contribucións a unha fonética comparada dos dialectos vascos, 1903) e sobre linguas americanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta un só corno ou punta.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento da rexión de Île-de-France, Francia (245 km2; 1.227.250 h [1999]). A súa capital é Créteil (82.154 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Johan van Oldenbarnevelt.
-
PERSOEIRO
Avogado e político brasileiro. Presidente de Brasil (1930-1945 e 1950-1954), foi deputado (1922), ministro de Finanzas (1926) e gobernador de Rio Grande do Sul (1928). Participou no golpe de estado de 1930, e foi nomeado presidente provisional. Instaurou un réxime populista (o Estado Novo) e socializante que combateu á vez o poder das oligarquías e dos comunistas. Deposto por un golpe de estado de signo constitucional proestadounidense (1945), en 1950 volveu á presidencia co apoio dos laboristas e dos comunistas, pero a crise económica impediulle volver á política populista. Ao esixir o exército a súa dimisión, suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Comezou escribindo obras teatrais, sen moito éxito, pero posteriormente consagrouse coa novela científica caracterizada por grandes doses de aventura e de fición, e por ideas enxeñosas totalmente avanzadas para a súa época. Herdeiro en certa maneira dos ideais románticos, entre as súas obras destacan Cinq semaines en ballon (1863), Voyage au centre de la Terre (1864), De la Terre à la Lune (1865), a triloxía Les Enfants du Capitaine Grant (1865-1867), Vingt mille lieues sous les mers (1870), Aventures de trois Russes et de trois Anglais dans l’Afrique Australe (1872), Le Tour du monde en quatre-vingts jours (1873), L’Île mystérieuse (1874), Michel Strogoff (1876) e Un Capitaine de quinze ans (1878). Unha boa parte das súas novelas foron levadas ao cine. En 1994 publicouse o seu libro Paris au XXe siècle, ata entón inédito.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei establecida (1875) polo lingüística danés, segundo a que as aspiradas ou fricativas xordas do xermánico común se conservan xordas entre as vogais só cando o acento herdado do indoeuropeo caía sobre a primeira das dúas vogais; doutra maneira, convértense en sonoras: ao sánscrito bhráta, e ao grego φράτηρ, corresponde en gótico brothar ‘irmán’, mentres que ao sánscrito pitá e ao grego πατ ή ρ, corresponde o gótico fadar ‘pai’. Esta lei achegou un novo fundamento ao test de regularidade dos cambios fonéticos sostidos polos neogramáticos e deu vigor ao principio que establece que a historia fonética non está feita para semellanzas, senón para uns sistemas de correspondencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Johannes Werner.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campo de concentración creado polo goberno francés en Vernet (Ariège). Foi destinado (1939-1944) especialmente aos membros das Brigadas Internacionais que loitaran xunto ás tropas republicanas durante a Guerra Civil Española.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise unilateral dos pares craneais IX, X e XI que se caracteriza por transtornos da deglución e da fonación, abolición dos reflexos náuseos e parálise do trapecio e do esternocleidomastoideo.
-
PERSOEIRO
Pedagogo e ensaísta. Coñecido como Barbadinho, estudou filosofía na Universidade de Évora e teoloxía en Roma, onde se estableceu. Iniciou a reforma da pedagoxía portuguesa e froito dela publicou o Verdadeiro Método de Estudar (1746). Nel propoñía a democratización do ensino e a instrución da muller, como tamén o ensino baseado na lingua materna.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Investigador. Doutor pola Universidad de Madrid (1946), foi catedrático de Fisioloxía Vexetal da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago, e decano das facultades de Ciencias e de Bioloxía. Ocupou diversos cargos no CSIC, como o de investigador científico e director do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, e foi xefe da sección de fisioloxía vexetal da Misión Biolóxica de Galicia. Foi alcalde de Santiago de Compostela (1986-1987) por Alianza Popular, presidente da Federación Europea de Sociedades de Fisioloxía Vexetal, e desde 1978 preside a Real Academia Galega de Ciencias.Recibiu diversos premios e distincións, entre os que destaca os premios Juan de la Cierva (1947), Alonso de Herrera (1954), o Premio de Investigación Deputación Provincial de Pontevedra (1972 e 1976), o Premio de Investigación Xunta de Galicia (1992), a Cruz Alfonso X El Sabio e a Medalla de Prata ao Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Cultivou o retrato e pintou escenas relixiosas e mitolóxicas. Traballou na decoración do pavillón de caza da Torre de la Parada, preto de Madrid. Das súas obras destacan O artista e a súa familia, As netas do pintor e Parella nun xardín. O seu irmán, Paul de Vos (Hulst 1596-Anveres 1678) traballou na corte de Castela e para a familia real. Pintou escenas de caza e naturezas mortas, das que destaca Cervo perseguido polos cans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e humanista checo. En O práviech, o súdiech i o dskách země české knihy devatery (Nove libros sobre as leis, sobre os tribunais e sobre os rexistros do reino de Bohemia, 1495-1499), reflectiu a organización xurídica checa, con connotacións antixermánicas e democráticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Investigou os antibióticos péptidos e a análise proteica. Recibiu o Premio Nobel de Química (1997), compartido con P. D. Boyer e J. C. Skou, polo descubrimento do mecanismo enzimático da síntese do ATP.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico irlandés. Investigou, xunto con J. D. Cockroft, as partículas aceleradas. Recibiron o Premio Nobel de Física (1951) polos seus traballos sobre a transmutación de núcleos atómicos mediante partículas atómicas aceleradas artificialmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e poeta latino. Coñecido como Paulo Diácono, á caída dos longobardos, foi vivir á corte de Carlomagno en Aquisgrán (782) e volveu a Montecassino (786). Escribiu Historia romana, continuación da de Eutropio, Gesta episcoporum Metensium e De gentis Longobardorum, crónica do seu pobo ata 744.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da cidade de Rostock, en Mecklenburg, Alemaña, da que constitúe o anteporto, na desembocadura do Warnow no Mar Báltico.