Turnes del Río Maldonado, Vicente

Turnes del Río Maldonado, Vicente

Escritor. De tendencia liberal provincialista, colaborou en El Centinela de Galicia, El Eco de Galicia e La Esperanza, onde criticou a corrupción política e as carencias da administración; ademais é considerado o autor das Tertulias de Picaños (1836) e dos Diálogos en la Alameda (1836), tamén de carácter crítico. Participou en diversas actividades da Sociedad Económica de Amigos del País, para a que elaborou con “Memoria sobre los obstáculos que se oponían a los progresos de la Agricultura”. Publicou, ademais de diversas composicións dedicadas á realeza, unha abundante obra poética en castelán que recolleu en Tristes recuerdos del Dr. D. Vicente Turnes Río Maldonado (1834), Último adiós del Dr. D. Vicente de Turnes del Río Maldonado, á su pinar (1851) e a póstuma Composiciones poéticas (1875).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso