"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

    1. de predispoñer ou predispor.

    2. Que está influído na súa actitude por algo ou alguén.

    3. Que é proclive a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de predicir.

    2. Que foi mencionado con anterioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Moravia, onde foi descuberto un xacemento prehistórico do Paleolítico Superior, de cazadores de mamuts, que serviu para identificar unha cultura que se estendeu por boa parte da Europa Central e Oriental durante a glaciación de Würm, derradeira das glaciacións do Cuaternario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esteroide sintético do grupo dos corticosteroides. Utilízase en medicina como antiinflamatorio e presenta asemade diminuídos os efectos secundarios da cortisona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esteroide sintético do grupo dos corticosteroides. Emprégase en medicina como antiinflamatorio e presenta moi diminuídos os efectos secundarios da cortisona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de predominante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que predomina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prevalecer ou ser superior en número, influencia, ou autoridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de predominar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á articulación ou ao fonema que se articula pola aproximación do predorso da lingua ao padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte anterior do dorso da lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Miguel Primo de Rivera y Orbaneja. Despois da caída do seu pai (1930) ingresou na Unión Monárquica. Antiliberal e antimarxista, abrazou un nacionalismo tradicionalista e totalitario. En 1933 foi elixido deputado e fundou a agrupación política Falange Española, que se fusionou coas JONS en 1934. Xefe único do partido, foi derrotado nas eleccións de febreiro de 1936. Detido ao mes seguinte durante o contexto de feitos violentos do momento, trasladárono á prisión de Alacant, desde onde apoiou o alzamento militar do 18 de xullo. Foi condenado a morte e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un dos homes de prol da Revolución de 1810 en Bos Aires, membro do Triunvirato de 1812 e xefe das Provincias Unidas del Río de La Plata (1816-1819). Dimitiu polas súas tendencias centralistas e monárquicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome abreviado da ubiquinonacitocromo c-redutase, enzima que transfire hidróxeno da quinona ao citotromo c.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafa, irmá de Roberto Quintero. Coñecida como Mary Quintero, aplicou os seus coñecementos pitóricos para retocar as súas primeiras imaxes en branco e negro. Especializada na arte do retrato fotográfico, impartiu diversos cursos en España, México, Portugal, Rusia e Venezuela. Recoñecida como a primeira muller Maestra Fotógrafa de España, foi galardoada coa Medalla de Oro da Asociación de Sevilla e coa Medalla de Bronce de Galicia (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo, irmán de María del Carmen Quintero. Director e propietario de Roberto Quintero-Fotografía Técnica Industrial, foi presidente da Asociación de Fotógrafos Profesionales de Pontevedra, presidente da Federación Gallega de Fotógrafos e vogal da Federación Nacional de Fotógrafos Profesionales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Membro do grupo poético Cravo Fondo e cofundador do PEN Club de Galicia, colabora en diversas publicacións periódicas, como o Boletín Galego de Literatura, Dorna e Follas Secas con artigos sobre temas literarios e lingüísticos. Na súa obra poética, en que a paisaxe galega é un dos elementos centrais, abundan os trazos intimistas e pesimistas, xunto con algúns elementos eróticos. Publicou os poemarios Xuntos cara ao mañán (1969), Sangue na paisaxe (1980, Premio Manuel Antonio), No aló de nós (1981, Premio Galicia), en colaboración con H. Villar Janeiro; Matria de sombra (1987), Poldros de música (1993, XIII Premio Esquío) e Os dedos dos loureiros (2000); no apartado de literatura infantil, tamén con H. Villar, Contos de nós e da xente (1975) e O libro de María (1984); as novelas Morrer en Vilaquinte (1980, Premio Galicia), en colaboración con H. Villar; Branca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Considerado o fundador da antropoloxía social británica, estableceu un concepto de función con sentido sociolóxico a diferenza do funcionalismo biolóxico de B. Malinowski. Estudou o totemismo e as relacións de parentesco nas sociedades primitivas, converténdose nun dos precursores do estruturalismo. A súa influencia foi notable como portavoz do rigorismo de É. Durkheim. Escribiu The Andaman Islanders (1922), The Social Organization of Australian Tribes (1930) e Struture and Function in Primitive Society (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid (1971), realizou un máster en Bussines Administratiton pola UC Berkeley (California, 1974) e é doutor en Economía pola Universidad Complutense (2003). Foi secretario xeral adxunto de AP (1984-1986), secretario (1982-1984) e voceiro do grupo parlamentario popular (1989-1996) e vicesecretario xeral do PP (1996-2004). Deputado por AP (1982-1989) e polo PP (1989-2004), foi vicepresidente segundo do goberno (1996-2003), ministro de Economía e Facenda (1996-2000), ministro de Economía (2000-2004) e vicepresidente primeiro do goberno (2003-2004). En 2004 foi elixido director-xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Ocupouse sobre todo dos problemas relativos ao fomento dos sistemas morais e escribiu, entre outras obras, Essai sur le fondement métaphysique de la morale (1890), L’expériencie morale (1903) e Études de morale (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO