"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • Xénero de mamíferos quirópteros, da familia dos vespertiliónidos, ao que pertence o morcego de monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa italiana creada en 1872 en Milán por Giovanni Battista Pirelli. Dedicouse á produción de cables eléctricos, pneumáticos e toda clase de artigos de caucho. Tamén elabora fibra óptica para as comunicacións por cable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘sede’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Membro do comité executivo do Partido Popular de Galicia, foi concelleiro de Betanzos (1983-1998) e deputado pola Coruña no Parlamento galego desde 1989. En 1999 foi nomeado conselleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista. Formado en Belgrado e Moscova, na Escola Central de Música e no Conservatorio Chaikovski, destaca fundamentalmente na interpretación da obra pianística de Bach, Beethoven e Chopin cunha técnica brillante e moi expresiva. En 1977 coñeceu a Alice Kerezade, quen o atraeu cara á escola pianística de Liszt. Preocupado pola formación de novos músicos, en 1988 foi designado embaixador de boa vontade da UNESCO e creou un organismo en Croacia para dotar de bolsas de estudos a novos talentos musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor checo. De orixe xudía, despois de loitar no exército colaborou en diversos diarios e revistas e coñeceu os irmáns Čapek, que lle ofreceron a posibilidade de traballar nun semanario satírico. Na súa obra describiu cun humor vivo e humano a vida da pequena burguesía checa, que reflectiu nos contos Povíkdy israelského vyznání (Contos de confesións israelitas, 1926) e na novela Dum na předměstí (A casa do suburbio, 1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor flamengo. Expoñente da corrente cosmopolita do movemento literario do seu país, foi o teórico e o impulsor do Movemento dos 80, que acentuaba o individualismo, o esteticismo e o sensorialismo. Publicou Poessie (1880), Loreley (1882), Idyllen (1882) e Iris (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica do N de Polonia, que constituía a parte oriental de Pomerania. Situada ao O do Vístula, o seu relevo suave está cheo de bosques de coníferas e de numerosos lagos. Incorporada ao Terceiro Reich (1934-1945), posteriormente dividiuse nos voivodatos polacos de Gdańsk e Bydgoszcz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castrelo de Miño baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Físico e político. Doutor en Artes pola Universidade de Santiago de Compostela (1807), estudou no Colegio Imperial da Compañía de Xesús de Madrid (1820-1822) e astronomía no Museo de las Ciencias de Madrid (1822-1823). Regresou a Santiago en 1824 e foi nomeado profesor substituto de Física Experimental e Química ao tempo que cursaba leis. En 1830 acadou a cátedra de Física na universidade compostelá. Foi deputado liberal pola provincia da Coruña (1836-1842). Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1839-1843), tentou adecuar os novos planos de estudos de leis e medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Emigrou moi novo xunto cos seus pais a Montevideo, onde traballou de camareiro e frecuentou a comezos da década de 1920 os ambientes libertarios. Representante da Sociedad de Resistencia de Mozos y Anexos no consello federal da Federación Obrera Regional Uruguaya (FORU), contribuíu á súa reorganización a partir de 1926. Desterrado en 1933 pola Ditadura de Gabriel Terra, retornou a Galicia e ingresou na Coruña no Sindicato de Camareros Terrestres adherido á CNT. Formou parte do Comité da Confederación Regional Galaica-CNT nos últimos tempos da Segunda República Española e participou en numerosos actos de propaganda por toda Galicia. Co triunfo do golpe militar de 1936, foi detido, torturado e condenado a un ano de prisión por actividades clandestinas. Desde 1945 exerceu de enlace entre o comité da Confederación Regional Galaica na clandestinidade e o comité nacional da CNT, e formou parte do comité local da CNT coruñesa. Desfeito o organigrama cenetista logo das detencións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Preferencia ou antelación con que unha persoa, cuestión ou cousa, se debe tomar en relación a outra con que se compara.

    2. Orde legal de preferencia que lle dá dereito ao acredor, que non puido asegurar os seus créditos cos bens embargados, a actuar primeiro contra un grupo de bens antes de pasar ao seguinte.

    3. Orde legal de preferencia con que se deben satisfacer os diversos créditos concorrentes no caso de execución forzosa dun debedor moroso ou insolvente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superiora dun convento ou comunidade relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eclesiástico que ten xurisdición ordinaria no foro externo ou que posúe este título honorífico. Distínguese entre prelados maiores (cardeais e bispos), e menores (abades, vicarios xenerais e capitulares). A prelatura honorífica establecida por Pío XI (1934) comprende os bispos asistentes ao solio, pronotarios e os prelados domésticos, que se outorgan a certos sacerdotes como recoñecemento papal. O prelado nullius está a cargo dun territorio non establecido como diocese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘sol’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao prelado ou á prelatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade e oficio do prelado.

    2. Organización de presbíteros, ou de presbíteros e laicos, que se rexe polos estatutos dados pola Santa Sé. O seu goberno confíaselle a un prelado como ordinario propio, para unha mellor distribución de presbíteros ou para levar a cabo obras peculiares misionais ou pastorais. Creación do novo dereito canónico, a primeira prelatura persoal erixida foi a do Opus Dei en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lavado previo que se fai para facer máis efectivo o proceso de limpeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Legado ordenado a favor do herdeiro único ou a favor dun coherdeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO