"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autorización concedida, durante a Segunda Guerra Mundial, polas autoridades consulares británicas aos exportadores que habían de embarcar mercadorías destinadas a países neutrais e sobre os que existía a dúbida ou sospeita de que non tivesen como último destino algún país inimigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas, da clase das diatomeas, que presentan figura navicular. Son comúns nas augas doces e salgadas.
-
-
Que é de forma análoga á dunha nave.
-
Aplícase a algunhas depresións nos ósos.
-
escafoide.
-
-
PERSOEIRO
Poeta ruso. Publicou contos, poemas e vaudevilles, e fundou a revista Sovremennik. O triste destino dos pobres da capital foi o tema do libro Peterburgskie ugly (Rincóns de Peterburgo, 1845). A súa poesía enriqueceuse co espírito progresista da época, como en N’esčastnye (Os desgraciados, 1856). Influíu de forma decisiva na poesía rusa e soviética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ucraíno. Desenvolveu a súa obra en ruso, e nela reflectiu as súas diferenzas co réxime soviético, polas que se exiliou en París (1974). A súa obra V Okopakh Stalingrada (Nas trincheiras de Stalingrado, Premio Stalin 1946), está considerada como unha das novelas bélicas máis importantes da época. Tamén publicou Kira Georgievna (1961) e Po obe storomy okeana (Os dous lados do océano, 1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Autor de contos, novelas e obras de teatro, creou, xunto con Stanislavskij, o Teatro de Arte de Moscova (1898). Foi moi importante no desenvolvemento da arte escénica en Rusia e aplicou o realismo socialista ao teatro. Recibiu o Premio Stalin en 1942 e 1943.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aleksandr Sergejevič Skobelev.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Analizador de imaxe, de estado sólido, que ten a capa fotocondutora constituída por unha xunción heteroxénea formada por unha subcapa de seleniuro de cinc (ZnSe) e outra que é unha mestura de teluriuro de cinc (ZnTe) e teluriuro de cadmio (CdTe). Ten unha alta resolución e sensibilidade, que se estende á zona próxima dos infravermellos.
-
PERSOEIRO
Historiador da arte. Especialista en vidreiras españolas, desenvolveu a súa actividade investigadora arredor da arte medieval, renacentista e contemporánea, esta última a carón dos artistas do grupo El Paso. Entre 1984 e 1991 dirixiu a revista de arte Fragmentos. Da súa obra destacan Goya: vida y obra (1967), La vidriera del Renacimiento en España (1970), Impresionismo y Fauvismo (1972), Del Cubismo al surrealismo (1987), Historia del Arte (1994) e La vidriera española, ocho siglos de luz (1998, Premio Nacional de Historia, 1999). Membro do Consello Científico do Museo del Prado desde 1987, en 2002 foi elixido membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Meis. Pertenceu ao antigo mosteiro beneditino de Nogueira e, a partir do s XVI, á orde dos Cabaleiros de San Xoán. Realizada en estilo románico, o arco triunfal conserva unha inscrición de 1150, data de construción. Ten ábsida semicilíndrica, capiteis interiores adornados con follas de acanto e exteriores con motivos de cestaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista, marqués de Cáceres e barón de Antella. Foi avogado da Audiencia de València (1781), alcalde do crime (1787) e oídor da chancelaría de Valladolid. En 1811 presidiu as Cortes de Cádiz. Escribiu, entre outras, as notas aos libros terceiro e noveno da Historia general de España de J. de Mariana (1783-1796). Foi membro da Real Academia da Historia (1795).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tempo de proba, ao inicio da vida relixiosa, que se pasa antes de facer os votos.
-
Lugar de residencia onde están instalados os novizos.
-
Conxunto de novizos.
-
Réxime e exercicio dos novizos.
-
Período de tempo durante o que unha persoa se inicia nunha arte, materia ou actividade.
-
-
PERSOEIRO
Escritor, xornalista e editor ruso. Colaborador do xornal Drone, foi autor de obras filosóficas, económicas e pedagóxicas, e editor de revistas satíricas. A súa popularidade debeuse á crítica contra as inxustizas sociais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e matemático ucraíno. Na obra Procedementos para a medida dos gastos e os seus resultados nunha economía socialista para determinar a eficacia das novas técnicas (1958) introduciu elementos como a escaseza e a eficacia para seleccionar os investimentos que hai que realizar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe e cortesán ruso. Coñecido como Rasputin e como o monxe tolo, levou unha vida aparentemente de asceta e de taumaturgo. En 1905 visitou Peterburgo e introduciuse na corte como home de confianza da Tsarina Alexandra F’odorovna, á que lle fixo crer que podería aliviar as dores do seu fillo e herdeiro á coroa, Aleksej Nikolajevič, que padecía hemofilia. Asumiu o control do goberno, especialmente durante a Primeira Guerra Mundial (1914-1918), cando o Tsar Nicolao II se ausentou para asumir o mando do seu exército. Os seus escándalos e os rumores sobre a súa conspiración a favor de Alemaña, foi algunha das causas do seu asasinato, a mans do grupo de monárquicos formado por Jusupov, Puriškevič e o gran príncipe Dmitrij Pavlovič. Considerouse un dos responsables do descontento popular co tsarismo, réxime que caeu un ano despois, tras a Revolución Rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Foi secretario xeral de Caixa Rural de Ourense e de Coren-Uteco. Cofundou a Acción Política Orensana, integrada en UCD, e Centristas de Galicia (1985), que formou parte do PP a partir de 1991. Foi conselleiro sen carteira na Xunta Preautonómica de Galicia (1979-1981), presidente da Deputación Provincial de Ourense (1979-1990), senador electo por Ourense (1986-1990 e 1997-2000) e deputado por Ourense (1989-2000). Presidiu o Parlamento de Galicia (1990-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarín ruso. En 1955 ingresou na escola de ballet do teatro Kirov de Leningrado e anos despois converteuse no primeiro bailarín da compañía. En 1961 exiliouse da URSS e adoptou a nacionalidade británica (1962), e posteriormente a austríaca (1982). Membro do Royal Ballet of London (1962), actuou por todo o mundo coa súa parella Margot Fonteyn. Dotado dunhas calidades excepcionais e cunhas dotes interpretativas moi líricas, está considerado como un dos mellores bailaríns de todos os tempos. Foi director do Ballet de l’Opéra de París (1983-1989) e das súas producións destacan O lago dos cisnes (1964) e Manfred (1977). Protagonizou varias películas, como Don Quijote (1973) e Exposed (1983). Recibiu o Premio Nijinski (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor serbio. Máximo expoñente da Ilustración no seu país, está considerado o creador da prosa moderna serbia. En 1760 renunciou á vida monástica e viaxou por diversos países. Encargouse da organización das escolas de Serbia e converteuse nun defensor do afrancesamento e da educación do pobo. Da súa obra destaca a tradución das fábulas de Esopo, publicadas baixo o nome de Basne (1788).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador e adestrador de baloncesto serbio. Como xogador conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988) e foi campión do mundo en Arxentina (1990), e como adestrador gañou varias ligas en Serbia e Montenegro e Grecia, cinco Copas de Europa (1992, 1994, 1995, 2000 e 2002), dúas Copas Saporta (1997 e 1999), o Eurobasket de Barcelona (1997) e o campionato do mundo de Grecia (1998). Tamén obtivo a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) e a medalla de bronce no Eurobasket de París (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía serbia fundada en 1815 por Miloš I de Serbia. Expulsada do trono polos Karadjordjević (1842), ocupou de novo o poder (1858) ata o asasinato de Alexandre I de Serbia (1903). Ademais, foron membros destacados dela Miguel III de Serbia e Milan I de Serbia.
VER O DETALLE DO TERMO