"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
itoria do exército revolucionario francés, na localidade homónima, na Champaña, sobre as tropas prusianas, mandadas polo duque de Brunswick, o 20 de setembro de 1792.
-
PERSOEIRO
Físico e inventor italiano. Foi profesor en Modena e París. Estudou cuestións relacionadas coa calor, a óptica, as cores e os sons audibles. Destacan as súas investigacións sobre os fluídos, en que deu a coñecer o tubo que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de operacións militares que se desenvolveron entre 1916 e 1917, no transcurso da Primeira Guerra Mundial, na zona de Verdun e no río Mosa. Concibida como un ataque de desgaste, a ofensiva alemá topou cunha resistencia encarnizada do exército francés, comandado por Pétain e que acabou converténdose nunha guerra de trincheiras. En agosto de 1917 os franceses retomaron a iniciativa, e ao cabo dun ano xa recuperaran as posicións iniciais.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Converteu o racionalismo en historicismo ao presentar a razón como unha realidade que actúa por si mesma cunha inexorable fecundidade creadora. En Principî di una scienza nuova d’intorno alla comune natrure delle nazioni (1725) tentou mostrar o fundamental papel axente das ideas na historia, que é o lugar de realización do home, e de cercar así o verdadeiro coñecemento da natureza humana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que tivo lugar en Villalar, Valladolid, no transcurso das Comunidades de Castela, entre as tropas que apoiaban o Rei Carlos I e as dos comuneiros e que supuxo a derrota destes o 23 de abril de 1521.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar da Guerra de Sucesión Española que tivo lugar en Villaviciosa de Tajuña, na Alcarria, o 10 de decembro de 1710. Apoiou a Filipe V e determinou a ocupación de Aragón e a ofensiva contra Catalunya. A vitoria filipista produciuse ao día seguinte da vitoria da Batalla de Brihuega.
-
PERSOEIRO
Violinista, compositor e pedagogo. Músico ao servizo da capela real de Turín (1775), dirixiu a Ópera de París (1818-1822). Como compositor continuou o estilo rococó italiano. É autor de 27 concertos para violín e orquestra, 42 dúos e 18 sonatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e violinista italiano. Na súa produción instrumental fusiónanse as características propias do estilo contrapuntístico das sonatas co estilo harmónico da música de cámara. Destaca Artifici musicali (1689).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de España, neta de Vitoria I de Inglaterra. Convertida ao catolicismo, o 31 de maio de 1906 casou co Rei Afonso XIII, día no que foron obxecto dun atentado anarquista. En 1931, coa proclamación da Segunda República Española, exiliouse a Francia e posteriormente a Italia. Separada do seu home, viviu en Reino Unido e, durante a Segunda Guerra Mundial, retirouse a Lausanne. Os seus restos foron trasladados ao Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar preto da cidade homónima, Italia, entre tropas italianas e austríacas, entre o 24 de outubro e o 3 de novembro de 1918, a finais da Primeira Guerra Mundial. A vitoria italiana contribuíu ao afundimento da monarquía austrohúngara.
-
-
Relativo ou pertencente aos vombátidos.
-
Mamífero da familia dos vombátidos.
-
Familia de mamíferos, da orde dos marsupiais, duns 70-120 cm de lonxitude, co corpo arredondado e macizo, cabeza grande e patas curtas, robustas e escavadoras, con cinco dedos nas anteriores e catro nas posteriores. Aliméntanse de vexetais e habitan en Australia e Tasmania.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que tivo lugar en 507 preto de Poitiers, entre o rei franco Clodoveo I, católico, e o rei visigodo Alarico II, ariano. A vitoria franca provocou a desaparición do Reino de Tolosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que tivo lugar en Wad-Ras, Marrocos, o 23 de marzo de 1860, no curso da Guerra de África, entre o exército español dirixido por O’Donnell que avanzaba cara a Tánxer, e os insurrectos rifeños que tentaban bloquearlle o paso. A vitoria española provocou a sinatura do armisticio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla producida o 5 e 6 de xullo de 1809 na chaira de Marchfeld, preto de Wagram (Baixa Austria), entre as tropas de Napoleón e o exército austríaco dirixido polo arquiduque Carlos. Napoleón derrotou os austríacos e o arquiduque Carlos solicitou o armisticio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla producida o 18 de xuño de 1815, nunha chaira preto da cidade de Waterloo (Brabante), entre o exército de Napoleón I e as tropas angloprusianas baixo as ordes de Wellington. A derrota significou a caída definitiva de Napoleón I.
-
VER O DETALLE DO TERMO
uombat.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán de Borbón e Battenberg.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla naval librada entre as escuadras británica e alemá os días 31 de maio e 1 de xuño de 1916, en augas situadas no oeste do paso de Skagerrak. Foi o combate naval máis importante da Primeira Guerra Mundial. A escuadra alemá tivo que volver aos seus portos, onde permaneceu bloqueada ata o final da guerra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma específica que en Xapón tiveron as sociedades financeiras que controlaron unha gran parte das empresas e os negocios a partir do último terzo do s XIX. Estaban vinculadas ao estado, que lles cedera directamente o control de case a totalidade da actividade económica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla de Sagrajas.