Wad-Ras, Batalla de
Wad-Ras, Batalla de
Combate que tivo lugar en Wad-Ras, Marrocos, o 23 de marzo de 1860, no curso da Guerra de África, entre o exército español dirixido por O’Donnell que avanzaba cara a Tánxer, e os insurrectos rifeños que tentaban bloquearlle o paso. A vitoria española provocou a sinatura do armisticio.