"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
IGREXAS
Igrexa da parroquia de Beba (Mazaricos). Da fábrica románica conserva unha pequena fiestra no testeiro da súa ábsida, sostida por dúas columnas con capiteis vexetais, e rematada nun sinxelo arco de medio punto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo italiano. Foi superintendente das antigüidades de Ostia (1938-1954) e catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Roma dende 1964. Das súas publicacións destacan: Scavi di Ostia (Escavacións de Ostia, 1953-1969) e L’età classica (A idade clásica, 1965). Así mesmo, dirixiu a Enciclopedia dell’arte antico (Enciclopedia da arte antiga, 1958-1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista italiano. Tamén era coñecido como Antonio da Boloña ou Panormita. Doutor en dereito e poeta laureatus, foi conselleiro e preceptor de Afonso o Magnánimo entre o 1434 e o 1458. Fundou en Nápoles a Academia Panormitana, logo Academia Pontaniana. É autor, entre outras obras, da colección de poemas en latín Hermaphroditus (1424-1425) e dunha biografía de Afonso o Magnánimo: De ditis et factis Alphonsi regis (Ditos e feitos do rei Afonso, 1455).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e matemático. Despois de estudar na Escuela de Ingenieros Civiles de Madrid, de onde foi expulsado, regresou á súa terra e iniciou a súa andaina no movemento republicano de Galicia. Interveu no proceso revolucionario de 1848 e na revolución de 1854. Durante o bienio progresista (1854-1856) estivo á fronte do Batallón de Ligeros, os chamados señoritos, da Milicia Nacional. Oposto a O’Donell, estivo exiliado e, ao seu regreso, dedicouse ao ensino das Matemáticas; non obstante tras participar nos sucesos de 1866 marchou novamente ao exilio. Deputado nas Cortes trala revolución de 1868 foi ministro de Ultramar no goberno do xeneral Prim (1869-1870), e ministro de Fomento con Ruiz Zorrilla (1873). Membro do partido fusionista de Sagasta ocupou de novo o ministerio de Ultramar (1888, 1890 e 1894). Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas (1855) e fillo predilecto da provincia de Lugo (1888). Escribiu Imperio Ibérico. Sus grandezas y decadencias, su influencia en el progreso...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto español. Embarcou cara a México no ano 1573, onde dirixiu as obras da Catedral de Puebla e consolidou a Igrexa de Santo Domingo, na capital. No ano 1581 trasladouse a Quito e no 1582 ao Perú, onde trazou os planos da Catedral de Lima. Así mesmo, durante a súa estadía no Perú deseñou os fortes de Callao e o pazo dos vicerreis en Lima.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política. Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, foi profesora no Centro de Estudios Universitarios (CEU) do 1969 ao 1971 e na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Sevilla no 1970. Así mesmo, foi deputada da Unión de Centro Democrático (UCD) por Sevilla nas lexislaturas iniciadas no 1977 e no 1979, ocupando o cargo de ministra de Cultura nos anos 1981 e 1982. Tralo seu ingreso no Partido Popular, foi deputada electa por Sevilla nas lexislaturas de 1989 e 1993 e alcaldesa de Sevilla entre o ano 1995 e o 1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Profesor de Química en Montpellier. Traballou con enzimas e con fermentación vínica e descubriu o ácido arsanílico. Fixo posible a denominada redución de Béchamp.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político alemán. En 1919 ingresou no Partido Comunista alemán. Ao publicar os poemas Der Leichnam auf dem Thron (O cadáver enriba do trono, 1925) e a novela Levisite oder Der einzig gerechte Krieg (Levisite ou a única guerra xusta, 1926) foi procesado por alta traizón. Exiliouse en 1933, logo da chegada ao poder de Hitler, instalándose na URSS de 1935 a 1945. Dende moi novo colaborou nas publicacións expresionistas Aktion (Acción) e Die Neue Kunst (A Nova Arte) e de volta a Berlín fundou a revista Sinn und Form (Significado e forma), foi presidente da Deutsche Akademie der Künste (Academia Alemana das Artes) e ministro de Cultura de 1954 a 1956. Como poeta, pasou do Expresionismo á épica popular: Neue Deutsche Volkslieder (Novas cancións populares alemanas, 1950), Ausgeswählte Dichtung aus der Zeit der Verbannung (Poesía escollida dos tempos do exilio, 1945-1946), etc. Así mesmo, é autor da novela autobiográfica Abschied...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Alquimista e economista. Os seus traballos sobre minerais e transmutación dos metais (Actorum laboratorii chymici, 1669), primeiro intento de unificar a Física e a Química, quedarían esquecidos se non servisen de base a G. E. Stahl para enunciar a teoría do floxisto, última etapa da alquimia. Considerado a miúdo como o economista máis destacado do cameralismo, a súa contribución máis notable foi o estudo sobre as diferentes formas de mercado, distinguindo entre monopolio, polipolio (mercado de libre competencia) e propoli (mercado onde a competencia está limitada polos privilexios). A súa obra económica principal é Politischer Diskurs (Discursos políticos, 1668). Tamén escribiu sobre medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tswana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu Botswana como protectorado británico ata a súa independencia acadada o 30 de setembro de de 1966.
-
PERSOEIRO
Actor, escenógrafo e director de escena. Fundou con Judith Malina o Living Theatre en Nova York (1948), compañía que se convertería nun punto de referencia do teatro de axitación, provocación e propaganda na década dos sesenta e setenta. O seu teatro causou impacto en Europa pola combinación das teorías de Artaud, do pacifismo, da utopía anarquista e da provocación do público pola toma de conciencia revolucionaria. Nun principio a compañía centrouse na procura dunha síntese entre a tradición teatral oriental, a adaptación de clásicos como Federico García Lorca, Jean Cocteau ou Bertolt Brecht, e a recuperación da estética dos autos e misterios medievais, seguindo os pasos de Jerzy Grotowski ou Peter Brook. Entre 1964 e 1968 a compañía realizou unha longa xira por Europa presentando propostas escénicas baseadas en improvisacións, traballos de plástica corporal e exercicios de creación colectiva. Entre 1970 e 1971 realizaron diversos traballos en Brasil antes de regresaren aos Estados...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista alemán. O seu dominio do xogo dende a posición de defensa libre organizador valeulle o alcume do Kaiser ‘césar ou emperador’. Co Bayern de Múnic, onde debutou en 1958, conseguiu en tres ocasións a Copa de Europa de clubs campións de Liga (1974, 1975 e 1976) e a Copa Intercontinental (1976). Coa selección da República Federal de Alemaña, da que foi capitán entre 1970 e 1977, proclamouse Campión do Mundo (1974) e Campión de Europa (1972), sendo tamén subcampión mundial en Inglaterra (1966). Recibiu o Balón de Ouro como mellor futbolista europeo (1972 e 1976). En 1977 fichou polo Cosmos de Nova York onde permaneceu ata 1980, ano en que volveu a Alemaña para xogar no Hamburgo, equipo co que gañou en 1982 a súa quinta Bundesliga ‘campionato alemán’. Rematada a súa etapa de xogador, converteuse en adestrador, proclamando á selección da República Federal de Alemaña Campiona do Mundo (Italia, 1990). Despois asumiu a presidencia do F. C. Bayern.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista norteamericano. Educado en Princeton e Chicago, foi profesor nas universidades de Chicago e Columbia de Economía e Socioloxía. Aplicou métodos económicos para o estudo do comportamento humano. Escribiu Human capital (Capital Humano, 1964), A Treatise on the Family (Un tratado sobre a familia, 1981). Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Traballou primeiramente como asistente na dirección do seu pai Jacques Becker. Dirixiu filmes policiais, cómicos e outros cheos de sensualidade, axudado pola interpretación de Belmondo ou de Isabelle Adjani. Dirixiu: Un nommé la rocca (Alguén chamado a roca, 1961), Pas de caviar pour tante Olga (Nada de caviar para a tía Olga, 1964), L’été meurtrier (O verán mortífero, 1983) e Elisa (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político socialista alemán. Foi un dos fundadores da Primeira Internacional, a Asociación Internacional de Traballadores (AIT) no ano 1864, movemento no que destacou como interlocutor na polémica entre Marx e Bakunin. Por razóns políticas tivo que exiliarse a Suíza, onde dirixiu a Federación de Xenebra, afiliada á Internacional. En 1877 fundou en Xenebra o xornal socialista Le précurseur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Canterbury (1162-1170). Educado no priorado de Meron, estudiou Teoloxía en París e Dereito en Boulogne. Foi nomeado chanceler real por Enrique II Plantagenet (1154), cargo dende o que desenvolveu unha política eficientemente regalista. En 1162 o rei fíxoo elixir para a sé primada inglesa, Canterbury, da que xa era arcediago, coa finalidade de ocupala con alguén afecto aos intereses da monarquía. Non obstante , enfrontouse co rei e rexeitou as Constitucións de Clarendon (1164). Forzados polo rei, os bispos condenárono no Sínodo de Northampton, polo que se tivo que exiliar, atopando refuxio na abadía cisterciense de Pontigny (Bourgonhe) dende 1164 ata 1170. De volta á súa sé, foi asasinado no altar da Catedral de Canterbury, sendo canonizado pouco despois (1173). Dende entón Canterbury converteuse nun importante centro de peregrinación. A súa festa celébrase o 29 de decembro, día do seu asasinato.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químicoalemán. Foi profesor en Erlangen e en Leipzig. Inventou o termómetro de Beckmann, empregado en ebulloscopia e crioscopia. Tamén se lle debe a tansposición de Beckmann.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e artista gráfico alemán. Expuxo en Berlín a partir de 1906, manifestando un certo Impresionismo con contactos co Simbolismo de Von Marées. A experiencia da Primeira Guerra Mundial fíxoo saír da arte contemplativa e evolucionar cara a unha gran violencia expresiva. As personaxes da súa obra eran grotescas e distorsionadas, cheas dun brutal realismo e crítica social. Profesor no Städelsches Kunstinstut de Frankfurt foi cesado polos nazis en 1933, data na que iniciou a realización dunha serie de nove trípticos, Partida, nos que traballou ata a súa morte. En 1937 instalouse nos Países Baixos ata 1947; neste ano trasladouse aos EE UU onde foi profesor en Washington e Nova York. En 1930 recibiu o Premio Carnegie.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de transposición das cetoximas en amidas ácidos substituídos pola acción de reactivos ácidos.