"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Médico oftalmólogo. Realizou o primeiro estudo médico da historia redactado en lingua galega e titulado Ensaios para mellorar os resultados terapéuticos no estrabismo, que expuxo en decembro de 1958 na Academia Médico-Cirúrxica de Vigo. Froito das súas investigacións sobre esta materia aparece a invención do sinoptóforo, aparello óptico que buscaba reducir a dificultade de percepción visual das persoas estrábicas. Trala súa morte constituíuse en Vigo a Asociación Estrabolóxica Instituto Beiras. Entre as súas obras cómpre destacar: Contribución al tratamiento quirúrgico de la obstrución de las vías lagrimales (1944), Nuevo procedimiento para la oclusión alternativa en el tratamiento del estrabismo (1959), Novas orientaciós na ciruxía da catarata (1964), Tiempo, espazo y esfuerzo en la práctica oftalmológica (1964) e État actuel du Synoptophore à Televisión (Estado actual do sinoptóforo na televisión, 1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático de Estrutura Económica na Universidade de Santiago e político nacionalista. Realizou estudios de Dereito e Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela e de Lingua e Literatura Francesa na Université de la Sorbonne. A súa actividade política iniciouse en 1963, cando participou na fundación do Partido Socialista Galego (PSG), no que ocupou o cargo de secretario xeral. Anos máis tarde, integrouse no Bloque Nacionalista Galego (BNG), formación que lidera e á que representa no Parlamento de Galicia dende a segunda lexislatura (1985). O feito máis salientable da súa actividade política é a súa capacidade de reunir nunha mesma formación a diferentes partidos políticos galeguistas (Partido Nacionalista Galego, Esquerda Nacionalista, Unidade Galega, Unión do Pobo Galego, etc) e conducir ao nacionalismo galego dunha presenza marxinal na política galega a ser a segunda forza política do país e alternativa de goberno. Tras ser nomeado académico de número da Real Academia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e debuxante. De formación autodidacta, desenvolveu o seu traballo en diversos campos como o xornalismo, a pintura e a creación literaria. Nas súas obras, entre as que cómpre salientar Santa Compaña e María Soliña, conflúen a lóxica e o absurdo xunto co humor sobre a vida cultural e tradicional galega. Realizou exposicións dentro e fóra de Galicia. Así mesmo, é autor dun libro de debuxos titulado Garabullos (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Correspondente da axencia Efe en Galicia, ilustrador e pintor coñecido co pseudónimo de Masito Beiró. Amais de dirixir a revista Petroglifo, participou en numerosas exposicións individuais e colectivas dentro e fóra de Galicia. Obtivo o seu primeiro premio no ano 1966 nun concurso organizado por La Voz de Galicia. Foi finalista do Certame Nacional de Arte Xuvenil (1973), obtivo o Premio Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela (1977) e o terceiro Premio Mestre Mateo (1974). Ilustrou os libros: Os cabeiros refolgos, Pasión y vida de un poeta, Antología poética e El hombre, la poesía y la vida.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ourense. Construción románica de finais do s XII, sufriu no s XVIII transformacións no pórtico, na espadana e nas capelas acaroadas da cabeceira dedicadas á Nosa Señora do Carme e a san Bieito. As primeiras mencións documentais fan referencia a unha doazón de Afonso VII e de dona Urraca a uns cabaleiros que, máis tarde, a cederon ás monxas de San Miguel de Bóveda. Ten unha única planta rematada nunha ábsida semicircular cuberta cunha bóveda de canón. A porta principal está formada por unhas arquivoltas de medio punto apoiadas nunhas columnas acobadadas a cada lado. O primitivo tímpano, que acollía unha imaxe de san Miguel, foi substituído por un lintel con peaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cerimonia oficial na que os reis, os seus representantes ou unha alta personalidade reciben o saúdo de certas persoas con motivo dunha festa ou conmemoración especial.
-
Modo de saudar as persoas que consiste en tocar ou achegar a man dereita ou ambas as dúas mans á boca unha ou máis veces.
-
Saúdo cerimonioso.
-
Acto que consiste en bicarlle a palma da man a un sacerdote despois de celebrar a súa primeira misa.
-
-
-
PERSOEIRO
Actriz teatral francesa, irmá de Madeleine Béjart. Contraeu matrimonio con Molière e pertenceu á súa compañía, sobresaíndo en papeis de soubrette. Nela están inspirados os principais personaxes femininos do teatro molieriano. Á morte do seu marido asumiu a dirección da compañía, o Illustre Théâtre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. O tema central da súa creación é o traballo como contido da existencia do home. Entre as súas obras destaca: Zizn’ Berežkova (A vida de Berežkov, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo alemán, foi profesor en Berlín. Crítico e hermeneuta, editou autores clásicos, sobre todo gregos e latinos como Platón, Tucídides, Aristófanes e Aristóteles. Publicou Anecdota graeca (1814-1821) e preparou o Corpus inscriptionum graecarum.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma de canto propio, principalmente, da ópera italiana do s XVII e que subsistíu ata ben entrado o s XIX. Denomínase tamén belcantismo. Caracterízase pola claridade na emisión do son, pola arte de soster unha nota e pola perfecta vocalización. O bel canto vai unido á escola napolitana de ópera, que valorou especialmente as peculiaridades da voz humana no sentido da virtuosidade. Un dos seus máximos expoñentes foi o compositor Nicolò Picinni, e unha das máis famosas intérpretes durante o s XIX, Giuditta Pasta. Rossini fixou a virtuosidade vogal na partitura, limitando os abusos dos intérpretes; o resultado foi o último esplendor do bel canto: Bellini e Donizetti empregaron a voz ata ao límite das súas posibilidades. O bel canto empezou a declinar coas novas tendencias impostas polo recitativo melódico wagneriano.
-
Arte do canto baseado no virtuosismo de execución das técnicas vocais e musicais.
-
-
PERSOEIRO
Profesor e filólogo. Realizou estudios de Maxisterio e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Centrou a súa investigación no prerrexurdimento literario galego, tema sobre o que realizou a súa tese de doutoramento. Publicou Vida e obra de Francisco Añón (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado en París, visitou Inglaterra nos anos 1765 e 1766. Contribuíu á creación do estilo Imperio e foi un dos precusores das construcións metálicas modernas. A súa obra máis importante foi o Bagatelle no Bois de Bolougne en París (1777). Deseñou os xardíns de Folie Saint James de Neully (1784) e Méréville (1786). En 1806 fixo o proxecto dunha cúpula de cristal e ferro para o Mercado do gran de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Político e arquitecto peruano. Foi o fundador do Frente Democrático Nacional (1942) e do Partido de Acción Popular (1956). En 1963 foi elixido Presidente dun gabinete de coalición coa democracia cristiá, que desenvolveu un programa de goberno moi moderado. Trala aparición dos movementos guerrilleiros e dos levantamentos campesiños, entre os que cómpre salientar o alzamento de Cuzco (1964), en 1968 foi derrocado por un golpe de estado do xeneral Velasco Alvarado e marchou ao exilio ata fins do 1976. Restablecida a democracia, foi de novo Presidente entre 1980 e 1985; sen embargo, o seu mandato erosionouse pola crise económica e o desenvolvemento da guerrilla maoísta de Sendero Luminoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bel canto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao bel canto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na parroquia de santa María de Adai (O Páramo). Aparece mencionada en documentos de 1694.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cenobio dúplice situado na Terra Chá. Sábese da súa existencia grazas a unha doazón feita por un tal Belisario no ano 871.
-
PERSOEIRO
Xeneral, foi un dos líderes da independencia da Arxentina. Despois de estudar Dereito en Madrid e Valladolid, no ano 1810 formou parte da xunta revolucionaria que substituíu ao vicerrei da Prata. Como militar, en 1813 triunfou en Tucumán e Salta sobre os realistas; sen embargo, foi derrotado en Vilcapujio. Foi destituído e substituído na dirección do exército por José de San Martín. Despois viaxou a Madrid e Londres xunto con Bernardino Rivadavia, co obxectivo de negociar a independencia sudamericana. Do 1816 ao 1819 foi xefe do exército do Norte e pacificador da provincia de Santa Fe, que se alzara contra o goberno de Bos Aires. Creou a actual bandeira nacional arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO