"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • (Belén 97 -? 105) Papa (97-105). Fillo dunha familia xudía, padeceu martirio na persecución de Traxano. Dividiu a cidade de Roma en parroquias ante o número crecente de cristiáns e instituíu as sete primeiras diaconías que orixinaron o Colexio Cardinalicio. Na iconografía viste de pontifical ou cunha simple túnica e palio do seu tempo; e leva como atributos: a espada (símbolo do seu martirio), e ás veces un presebe. A súa festa celébrase o día 26 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui. Mártir no 82, segundo o episcopoloxio do beneditino san Prudencio de Sandoval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador de moedas. Xunto con Cimón, traballou na ceca de Siracusa. Asinou as súas obras, entre as que destacan unha cabeza feminina rodeada de golfiños e unha cuadriga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acontecemento posible.

    2. Cousa que sucede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en León arredor de 1960. Conta con máis de 4.000 títulos publicados e está formada por 16 empresas do mundo do libro: Aizkorri, Edicións Cadí, Ediciones Gaviota, Editorial Everest, E. Everest Andalucía, Everdidac Internacional e E. Everest Galicia, con sede na Coruña. A súa liña de traballo está orientada fundamentalmente á literatura infantil e xuvenil e ao material educativo. En lingua galega, as súas coleccións divídense en: “Montaña Encantada”, “Punto de Encontro”, “O meu mundo Disney”, “O Neno, a Nena e o Bau”, “Libros de texto” e “Material educativo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á evocación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘bruscamente‘, ‘sen preámbulo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dito ou expresión brusca ou inconveniente feito de xeito inesperado. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é igual ou se corresponde fielmente coa realidade ou co modelo.

    2. Que está medido ou calculado con precisión de xeito que non sobra nin falta nada.

    3. Que é o adecuado ou conforme ao debido.

    4. Que é certo ou que se expresa axustándose á verdade.

    5. Indica que é certo o que se dixo anteriormente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter monárquico-absolutista aparecida na Coruña en novembro de 1810. Cesou probablemente o 22 de maio de 1815 por prohibición real. Na súa primeira época (ata marzo de 1811) dirixiuno frei Juan Chacón, e nel predominou un carácter marcadamente antiliberal. Imprimiuse nos talleres de Francisco C. Pérez Prieto. Na súa segunda época (dende o 2 de abril de 1811) editouno frei Juan Chacón e frei Nicolás de Castro, e dirixiuno frei Manuel Martínez. Inicialmente, saía dos obradoiros tipográficos de Pérez Prieto e, dende xullo de 1811, dos de Antonio Rodríguez; logo contou con imprenta propia. En xaneiro de 1812 modificou a súa cabeceira e pasou a titularse El Exacto Diario; posteriormente, volveu cambiala pola de Exacto Diario en La Coruña. Dende o 3 de novembro de 1814 publicou un suplemento titulado El Postillón del Exacto Correo. Foi substituído polo Diario Exacto de España en La Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recadador de impostos e tributos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • enxalzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • exantemático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode exceptuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indica que se exclúe a persoa ou cousa que se expresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio da exclamación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excreción expulsada polo corpo.

    2. Materia constituída polas substancias sometidas á dixestión e eliminadas a través do orificio anal. OBS: Úsase frecuentemente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se excreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á excreción.

      1. Que serve para excretar.

      2. aparato excretor

        Conxunto de órganos encargados de extraer do corpo dos animais os produtos finais do catabolismo celular. Nos organismos dunha soa célula, como os protozoos, a excreción realízase mediante vacúolos pulsativos e por difusión dende a superficie celular. Nos esponxiarios e celentéreos, os produtos do catabolismo son lanzados ao exterior por cada unha das células do organismo. Nos outros grupos, os diferentes tipos de riles derivan dunha estrutura primitiva chamada arquinefrón, que consiste en dous condutos que se estenden ao longo do celoma. Estes celomodutos reciben un conxunto de túbulos renais ou de Malpighi, chamados nefróns ou nefridios, que están colocados metamericamente e que son os encargados de filtrar o sangue e producir os ouriños; este tipo de aparato primitivo está presente en anélidos e artrópodos. Nos agnatos, nos peixes e nos anfibios adultos, a parte anterior e o arquinefrón desaparecen e dá lugar a un ril que é un opistonefrón por concentración de diversos túbulos renais...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado da garda de palacio da antiga Roma.

    2. Soldado da garda do emperador de Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO